Skip to Content

ENDL

Novas do equipo

Este ano no taboleiro do noso equipo imos traballar con distintos idiomas que hai na nosa Península e tamén con algúns  idiomas de Europa. O alumnado terá que buscar no noso diccionario especial como se dí en distintas linguas certas palabras de uso común.

Estamos encantados ca participación do alumnado.

SAMAÍN 2016

Aquí tedes algunhas fotos da celebración do Samaín no noso cole.

Grazas a todas as familias pola súa colaboración, sen elas esta festa non se podería levar a cabo.

 

 

 

 

 

 

Centenario das Irmandades da Fala

CENTENARIO DAS IRMANDADES DA FALA

 Este ano celébrase o centenario (1916-2016) do movemento que reivindica a lingua e a cultura galega e que estivo integrado por figuras tan importantes como Antón e Ramón Vilar Ponte, Ramón Cabanillas, María Miramontes, Otero Pedrayo, Vicente Risco,..

No noso taboleiro temos información dos acontecementos máis salientables deste movemento.

Semana das Letras Galegas 2016

E co Festival das Letras Galegas xa celebrado, aquí vos deixamos unha mostra, entre outras cousas, do noso paso polo Centro Cultural de Beade o pasado venres. Pronto colgaremos as actuacións na nosa canle de Youtube.

 

FELIZ DÍA DAS NOSAS LETRAS!!!

Agardamos que disfrutedes deste soleado día das Letras Galegas 2016, no que, como todas e todos sabedes xa, rendemos homenaxe ao poeta MANUEL MARÍA. As nenas e nenos do cole cumpriremos co cometido o vindeiro venres 20 de maio no Festival que levamos semanas preparando Guiño  Mentres tanto, amosámosvos a decoración na que todas e todos deixamos o noso graniño de area, grazas ás propostas do Equipo de Dinamización da Lingua do colexio. 

 

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut