O prometido é débeda! Aquí vos deixamos con unhas imaxes da celebración dos Maios, o pasado 29 de abril. Agardamos que o Sol primaveral non se esqueza de voltar!
Qué mellor maneira de darlle a benvida á PRIMAVERA que cantando?? O pasado venres tivemos un día espléndido para celebrar o MAIOdeste ano. Desfrutámolo moito! Pronto poderedes ver un vídeo-resumo, permanecede atentos á nosa canle de Youtube
Aquí podedes ver o proceso de elaboración, no que colaboraron todos os nenos e nenas do cole.
Achegámosvos, nesta ocasión, unha mostra dos Obradoiros que o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo ofreceu no 2º trimestre no noso colexio.
OBRADOIRO DE DOBRAXE NA ESCOLA (para os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria)
OBRADOIRO "CAMIÑO DA LINGUA" (para os nenos e nenas de 3º A e B)
OBRADOIRO "APRENDENDO COA MÚSICA DE MAI-LÚA" (para os nenos e nenas de Infantil)
Desexándovos a todos e, en especial, a TODAS vós un feliz Día da Muller, amosámosvos os traballos realizados polas nenas e nenos do colexio. Con eles, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega pretendeu achegar as conversas arredor da IGUALDADE aos vosos fogares, moitas grazas pola vosa resposta! Aínda que este traballo non é cousa dun día...!
E poñemos a banda sonora co fermoso doodle que nos recibía hoxe ao abrir a páxina do famoso buscador de Internet. Nel, diferentes mulleres, de diferentes culturas e con diferentes idiomas, fálannos do que "algún día serán". Así que, MULLERES, sigamos cumprindo soños!