Proxección final do proxecto: O BOSQUE.
Rematamos un ano cheo de investigacións arredor do BOSQUE no que se integrou todo o centro. Na mañá de hoxe xuntámonos na aula de audiovisuais para poñer en común todo o traballado a través da seguinte proxección.
Tamén aproveitamos para facer entrega dos premios convocados pola Biblioteca ao longo do curso e aos participantes na obra de teatro do Equipo de Dinamización da Lingua. PARABÉNS A TODOS E TODAS!
Podedes ver as fotos dos premiados e premiadas AQUÍ.