Skip to Content

blogue deCarlos

REUNIÓN FAMILIAS 4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)

Estimadas familias;

O vindeiro martes, 29 de xuño, ás 13:00 horas terá lugar unha reunión no centro para as familias do alumnado de 4º educación infantil (3 anos) que se incorpora ao centro no curso 2021-2022.

É de suma importancia a vosa asistencia.

Resaltar que debido á situación actual, e como marcan os protocolos internos de centro, só poderá asistir un membro por familia. Os nenos/as non poderán estar presentes nesta reunión.

Na reunión manteranse as medidas de seguridade Covid-19 establecidas coa fin de manter un lugar seguro para tódolos asistentes.

Un saúdo, Equipo de Educación Infantil.

O ALUMNADO DE 6º DE INFANTIL PECHA UNHA ETAPA

Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil despiden esta etapa cun vídeo recordatorio. Cómo pasa o tempo....¡

 

VISITA AO ZOOLÓXICO DE VIGO

Os nenos e nenas de Educación Infantil fixemos unha visita ao zoolóxico de Vigo. Pasámolo xenial entre animais salvaxes.

OS INSECTOS

Na aula de 6º de educación infantil estamos co proxecto dos insectos. Estamos a gozar moito con esta aprendizaxe.

LETRAS GALEGAS 2021

As Letras Galegas 2021 adícanse a gran Xela Arias. Os nenos e nenas da nosa escola traballaron moitos contidos sobre Xela.

Salientar que unha das actividades estrela da escola foi o a creación dun escape room sobre a vida de Xela. Podedes visualizalo e realizalo no seguinte enlace:

https://docs.google.com/presentation/d/1IEQ-I2aNo-bq_scTbVp7wuJpNoka8lwdFufgeLtXyaA/edit?usp=sharing

Observade e escoitade o vídeo resumo das LETRAS GALEGAS 2021.

 

Un saúdo, Equipo de Dinamización da Lingua Galega

 

 

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut