Skip to Content

blogue deCarlos

OS MAIOS 2021

O mes de maio, mes florido cheo de festexos no CEIP Coutada Beade. Disfrutade dunha pequena reportaxe da celebración da festa dos Maios 2021.

 

 

 

Proximamente teremos novas sobre o resto de festexos deste mes. Un saúdo, Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

ROSALÍA DE CASTRO

O pasado mércores, 24 de febreiro, os nenos e nenas do CEIP Coutada Beade fixéronlle unha gran homenaxe a nosa prezada Rosalía de Castro por mor da celebración do día adicado a nosa gran autora do século XIX.

 

ENTROIDO 2021

 

Un ano máis o festexo do entroido na escola foi todo un éxito. O Meco do Coutada Beade disfrazou a toda a comunidade educativa en magníficos científicos e científicas.

 

PREMIOS SAMAÍN 2020

Un ano máis no que os alumnos e alumnas do CEIP Coutada Beade puxeron un listón moi alto para escoller ás cabazas gañadoras do Samaín 2020. Tras unha gran reflexión por parte dos membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, as gañadoras deste atípico ano son...

 

 

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

SAMAÍN 2020

Un ano máis os alumnos e alumnas da escola sorpréndenos coas súas elaboradas cabazas do Samaín. Un auténtico luxo a compartir con tódola comunidade educativa do CEIP Coutada Beade.

Estade pendentes da nosa páxina web que nos vindeiros días publicaremos aos gañadores do "Concurso Dixital do Samaín 2020".

 

 

 

 

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Distribuir contido


Ligazóns de interese

- PORTAL DA XUNTA

- IES DE BEADE

- CONCELLO DE VIGO

by Dr. Radut