Skip to Content

CHARLA NUTRICIÓN E ALIMENTOS ECOLÓXICOS

Estimadas familias.

 

O vindeiro LUNS 4 DE MARZO levaremos a cabo na biblioteca do centro unha charla sobre nutirición e alimentos ecolóxicos, dentro do proxecto de vida activa e deportiva do centro.

 

Temos 30 prazas dispoñibles, os/as interesados/as deberedes mandar un correo electrónico á ceip.cidade.vella@edu.xunta.gal; a inscripción é por orde de recepción das mensaxes.

 

Charla: Nutrición e alimentos ecolóxicos.

Horario: 16:30 horas.

Duración: 1h 45 minutos (aprox.)

Temáticas: 

- Diferencia fundamental entre alimentos e nutrientes.

- Adopción de hábitos alimenticios variados e equilibrados.

- Productos ecolóxicos, inclusión na nosa dieta.

- Investigaremos a natureza dos alimentos procesados, realizando un experimento práctico.

 

- Consellos para planificar comidas saudables, completas e económicas.

 

 

CONTA DE INSTAGRAM

REUNIÓNS INICIO DE CURSO

Comezamos coas reunións de comezo de curso.

O vindeiro luns tócalle o turno ás familias de 4 e 5 anos e ás de 2º de educación primaria.

Fixádevos no horario establecido polas titoras.

 

 

REUNIÓN AULA 3 ANOS

Prezadas  familias.

 

O vindeiro MÉRCORES 6 DE SETEMBRO ás 12:00 horas, terá lugar unha reunión para as familias de 3 anos co fin de concretar o periodo de adaptación así como as normas e funcionamento do curso escolar 2023-2024.

MATERIAL 3 ANOS

Este é o material para o curso 2022-2023.

MATERIAL 3 ANOS

REUNIÓN AULA 3 ANOS

Prezadas  familias.

 

O vindeiro LUNS 5 DE SETEMBRO ás 10:30 horas, terá lugar unha reunión para as familias de 3 anos co fin de concretar o periodo de adaptación así como as normas e funcionamento do curso escolar 2022-2023.

 

REUNIÓN COAS FAMILIAS DE 3 ANOS

Prezadas familias.

O vindeiro martes 28 de xuño ás 11:30 horas terá lugar na aula de 3 anos unha primeira reunión de toma de contacto e coñecemento das familias nas que Marta, a mestra do vindeiro curso dos novos nenos e nenas de 3 anos, explicará as normas de funcionamento, o periodo de adapatación... e outros aspectos a ter en conta de cara ao curso 2022-2023.

Agardámosvos.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

 

Prezadas familias.

Os vindeiros LUNS 7 e 14 DE MARZO DE 17 A 19 HORAS, levaremos a cabo as xornadas de portas abertas, para que  as familias interesadas en matricular aos seus fillos e fillas o vindeiro curso escolar no noso centro nos coñecezan un pouco máis.

Serán unhas xornadas presenciais, con cita previa e unha duración aproximada de 15 minutos.

Para solicitar a cita pódese chamar ao teléfono 881960701 ou escribir un correo electrónico á seguinte dirección: ceip.cidade.vella@edu.xunta.gal

 

 

REUNIÓN DE AULA 5º EDUCACIÓN INFANTIL

Bo día.

 

Convócase a todos os pai/nais/titores legais dos/as alumnos/as de 5º de Ed. Infantil á reunión de inicio de curso, que terá lugar no salón de actos do centro, o vindeiro luns, día 27 de setembro ás 17:00 horas.

Prégase:

- Puntualidade.

- Só poderá asistir unha persoa por alumno/a.

- Na medida das posibilidades, vir sen nenos/as.

- Deberán esperan a ser chamados para entrar.

 

A titora.

Alba Iglesias Sousa.

REUNIÓN DE AULA 6º EDUCACIÓN INFANTIL

Bo día.

 

Convócase a todos os pai/nais/titores legais dos/as alumnos/as de 6º de Ed. Infantil á reunión de inicio de curso, que terá lugar no salón de actos do centro, o vindeiro luns, día 20 de setembro ás 17:00 horas.

Prégase:

- Puntualidade.

- Só poderá asistir unha persoa por alumno/a.

- Na medida das posibilidades, vir sen nenos/as.

- Deberán esperan a ser chamados para entrar.

 

A titora.

Marta Rey Soto.

Distribuir contido


by Dr. Radut