Skip to Content

CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE INICIO DE CURSO 2020/21

Horario secretaría

Ata o 9 de setembro o horario de atención ao púbico de secretaría será de 9:00 a 10:30.

Libros texto curso 2020-21

Becas comedor 2020-21

O Concello abre de novo o prazo para solicitar as axudar para o comedor escolar para o curso 2020-21

O prazo para presentar a solcitude é do 1 ao 12 de xuño.

 

Impreso solicitude

Anexos

Máis información llamando al 010 o pinchando  aquí

Admisión alumnado

Informar que todas las solicitudes presentadas para 4º de Educación Infantil(3 anos) e 6º de Ed. Infantil(5 anos) están admitidos.

Deberán formalizar matrícula do 1 ao 10 de xullo en horario de 10 a 11:30.

Impreso

Idioma materno

Deberán traer tamén as fotografías tamaño carné e a fotocopia da tarxeta sanitaria.

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2020-21

Prazo de presentación de solicitudes do 20 de maio ao 19 de xuño.

Circular informativa

DOG 19 de maio

Anexo I

Anexo II

Debido á excepcional situación que estamos a vivir, as persoas que entreguen a solicitude presencialmente no Centro deberán solicitar cita ou ben chamando ao teléfono 881960705 ou por correo electrónico ceip.cidade.vella@edu.xunta.gal para tratar de non xuntarse moitas persoas a un tempo.

Traer cuberto anexo I e anexo II debidamente cuberto e asinado e fotocopia do libro familia.

As familias dos alumnos e das alumnas que pasan á ESO deberán presentar  a súa solicitude no centro no que teñan solicitada praza para o vindeiro curso.

 

 

Linguaxe de signos en Cidade Vella

O pasado venres 28 de febreiro levouse a cabo unha actividade de linguaxe de signos no noso colexio, impartida pola FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia).

Por unha banda, o alumnado de infantil recibiu unha sesión de contacontos en linguaxe de signos con intérprete.

Por outra banda, en primaria, desenvolveuse unha actividade de sensibilización a través da proxección da historia El sueño de Pedro e dunha presentación na que se explicaron aspectos da vida cotiá das persoas xordas; aspectos como o tipo de despertador ou timbre que utilizan. Posteriormente, formuláronse preguntas ao alumnado para comprobar os coñecementos adquiridos. Finalmente, aprenderon o abecedario e algunhas palabras básicas en linguaxe de signos.

                                                                                                         

 

Día escolar da paz e da non violencia 2020

O pasado día 30 de xaneiro celebramos no colexio o Día Escolar da Paz e da Non Violencia. Os diferentes cursos de infantil e primaria elaboraron un mural co símbolo da paz e escribiron mensaxes de paz en diferentes pombas. Ademais, baixamos ao patio, formamos o símbolo da paz e cantamos a canción De Festa de Uxía Lambona e a Banda Molona. Esta vez tamén houbo sorpresa final!

Festival Nadal 2019

O pasado venres 20 de decembro tivo lugar no noso colexio o Festival de Nadal. Levouse a cabo en dous pases; o primeiro dirixido ao alumnado de infantil e 1º de primaria e o segundo pase dirixido ao resto de cursos de primaria.

Tivemos de todo: teatro, recitados, música e unha sorpresa final para rematar o segundo pase. Parabéns a todos!

1º Pase

2º Pase

Distribuir contido


by Dr. Radut