Skip to Content

25 de novembro

A continuación podedes ver a selección de lecturas elaborada polo equipo da biblioteca para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Ademais podedes ver o mural elaborado polo alumnado do colexio.

AVISO

Estimadas familias:

Ante os problemas de inundacións que o colexio tivo esta mañá, informar que se están arranxando, xa que o concello está  encargándose dos problemas. Polo que informamos de que mañá martes 5 de novembro haberá clase con normalidade, a excepción dos nenos e das nenas de 3 anos que non poderán asistir á súa aula xa que está secando o corcho do chan. Ante calquera dúbida ou cambio podedes visitar a páxina web do centro escolar.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Samaín - Magosto 2019

Hoxe celebramos no colexio o Samaín e o Magosto levando a cabo unha serie de xogos en dous pases. O primeiro pase para o alumnado de infantil de 10:15 a 11:30 e o segundo pase para o alumnado de primaria de 12:30 a 13:40. Os xogos foron: carreira de castañas, petanca, atopa a castaña, pasa a castaña, comecastañas e mariolas e carreiras de chapas con castañas.

Aviso becas comedor

Publicado listas provisionais becas comedor.

Consultar aviso sobre información a presentar

Listaxe definitiva adxudicación fondo libros

Adxudicación fondo libros 4º  Ed. Primaria: Lista 1 Lista 2

Adxudicación fondo libros 6ºEd. Primaria:  Lista 1 Lista 2

REVISTA ESCOLAR : TEMPO DE NOVAS

VERSIÓN  DIXITAL

Fondo solidario de libros de texto

No arquivo adxunto atoparedes a listaxe provisional de admitidos en relación ao fondo solidario de libros de texto.

Libros de texto

Pinchando no seguinte enlace podes ver os libros de texto para o vindeiro curso 2019-2020.

Hai un erro no libro de texto de inglés de 1º de primaria. Na lista aparece "Go 2 activity pack" e debería aparecer "Go 1 activity pack".

Letras galegas 2019

Axuda libros e material escolar curso 2019-2020

No DOG do 20 de maio publicase a convocatoria de axuda para mercar libros e material escolar (alumnos de 1º e 2º de EP) ou ben obtar ao fondo de libros da xunta e material escolar (alum nos de 3º a 6º de EP).

O prazo está aberto ata ao 21 de xuño. A presentación e única libros e (material escolar), así como para todos os irmáns que se escolaricen o vindeiro curso no mesmo centro. A solicitude farase preferentemente a través dos mesdios electrónicos nos seguintes enlaces: FONDO LIBROS e CHAVE 365

Circular

Distribuir contido


by Dr. Radut