Estimadas familias:
Ante os problemas de inundacións que o colexio tivo esta mañá, informar que se están arranxando, xa que o concello está encargándose dos problemas. Polo que informamos de que mañá martes 5 de novembro haberá clase con normalidade, a excepción dos nenos e das nenas de 3 anos que non poderán asistir á súa aula xa que está secando o corcho do chan. Ante calquera dúbida ou cambio podedes visitar a páxina web do centro escolar.
Moitas grazas pola vosa colaboración.