Este curso o alumnado de 4º empezou a ter unha sesión de lectura cada 3 semanas en inglés. Levamos a cabo a lectura procurando que todo o alumnado participe, xa sexa de xeito individual ou en gran grupo.
Empezamos as primeiras sesións co relato breve "Ernest and the elevator".
No mes de outubro lemos "Room on the broom" de Julia Donaldson e en decembro "Meerkat Christmas" de Emily Gravett. Ambos están dispoñibles na biblioteca do colexio.
Aproveitando a aportación de Iago, lemos "The shy fly's house" de Eva Mejuto e Sergio Mora e unha versión infantil de "The jungle book" de Rudyard Kipling.
Co gallo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o martes 6 de febreiro lemos unha biografía de Jane Goodall de Mª Isabel Sánchez Vegara. O libro está dispoñible na biblioteca de aula.