Skip to Content

Educación Infantil, 3 anos, 4 anos, 5 anos

O noso resumo do 3º Trimestre

Ola familias,

xa tedes os traballos dos peques deste 3º trimestre.

Podedes velos dandolle ao play directamente no seguinte vídeo:

Traballos 5º Educación Infantil 2ºT 2023/2024

Ola familias,

xa tedes os traballos dos peques deste 2º trimestre.

Podedes velos picando directamente na seguinte imaxe:

CHARLA NUTRICIÓN E ALIMENTOS ECOLÓXICOS

Estimadas familias.

 

O vindeiro LUNS 4 DE MARZO levaremos a cabo na biblioteca do centro unha charla sobre nutirición e alimentos ecolóxicos, dentro do proxecto de vida activa e deportiva do centro.

 

Temos 30 prazas dispoñibles, os/as interesados/as deberedes mandar un correo electrónico á ceip.cidade.vella@edu.xunta.gal; a inscripción é por orde de recepción das mensaxes.

 

Charla: Nutrición e alimentos ecolóxicos.

Horario: 16:30 horas.

Duración: 1h 45 minutos (aprox.)

Temáticas: 

- Diferencia fundamental entre alimentos e nutrientes.

- Adopción de hábitos alimenticios variados e equilibrados.

- Productos ecolóxicos, inclusión na nosa dieta.

- Investigaremos a natureza dos alimentos procesados, realizando un experimento práctico.

 

- Consellos para planificar comidas saudables, completas e económicas.

 

 

ÚLTIMOS TRABALLOS DO 1ºTRIMESTRE

Ola familias,

xa tedes os últimos traballos dos peques deste 1º trimestre.

Podedes velos picando directamente na seguinte imaxe:

TRABALLOS DE SAMAÍN

Ola familias,

xa tedes os traballos de Samaín dos peques.

Podedes velos picando directamente na seguinte imaxe:

Os Primeiros Traballos 4 Anos. Curso 23-24

Ola familias,

xa tedes os primeiros traballos dos peques.

Podedes velos picando directamente na seguinte imaxe:

Un biquiño Marta.

REUNIÓNS INICIO DE CURSO

Comezamos coas reunións de comezo de curso.

O vindeiro luns tócalle o turno ás familias de 4 e 5 anos e ás de 2º de educación primaria.

Fixádevos no horario establecido polas titoras.

 

 

BENVIDA ANPA

Benqueridas familias!

 

Somos a ANPA Herrerías do CEIP Cidade Vella, e funcionamos como ferramenta principal da que dispoñemos as familias para canalizar a nosa opinión e participar nas decisións do centro, contribuíndo a enriquecer a comunidade educativa. Nesta ligazón tedes un resumo de todas as actividades principais que facemos: https://anpaherrerias.blogspot.com/p/blog-page.html

 

Temos dúas canles de información xenéricas nas que compartimos toda a información útil para as familias e que vos serán especialmente prácticas na vosa chegada ao centro:

 

O noso canal de Telegram: https://t.me/joinchat/AAAAAEVSRXDmpTfDkwrcdg. Recomendamos que, ademais de suscribirvos, activedes as notificacións para que o teléfono vos avise cando vos fagamos chegar algunha información.

 

PERIODO ADAPTACIÓN AULA 3 ANOS

Estimadas familias.

Para a vosa comodidade presentamos o horario e os grupos do periodo de adaptación.

 

REUNIÓN AULA 3 ANOS

Prezadas  familias.

 

O vindeiro MÉRCORES 6 DE SETEMBRO ás 12:00 horas, terá lugar unha reunión para as familias de 3 anos co fin de concretar o periodo de adaptación así como as normas e funcionamento do curso escolar 2023-2024.

Distribuir contido


by Dr. Radut