Skip to Content

Educación Infantil, 3 anos, 4 anos, 5 anos

as carpetas

Ateción:

fai falta traer as carpetas para levar para casa os traballos.Algunhas familias non as trouxeron. 

Mañana comenzamos o caderno 2.

Grazas Profe Mary

cadernos para traer o cole

O martes 2 de novembro traerán o colexio a carpeta co seguinte material: cuaderno 2 De casa en casa, Cuento nº 2 de casa en casa.

Gracias Profe Mary

Papeis surtidos

Boas tardes! Entre esta semana e a que vén, os/as nenos/as teñen que traer un caderno de papeis variados:

cartolinas de cores, papel de seda e charol, celofán e cartolinas de aluminio.

A marca Sadipal vende un pack de manualidades con todos estes papeis variados (podedes mercar a marca que

queirades).

 

Grazas

 

Alba

ACERCA DE SAMAÍN

Ola familias!! 

 

Este ano celebraremos Samaín dentro da aula, polo que ainda que NON nos imos disfrazar, SÍ poderemos traer algún atuendo acorde con Samaín para o venres 30 de Outubro.

 

É decir, NON TRAEREMOS: caretas, maquillaxes, traxes completos que non saiban quitar e poñer, gorros de bruxa ou accesorios aparatosos. 

 

SÍ TRAEREMOS: Roupa que permita a súa autonomía no baño e non lles moleste e sobre todo os que van a comedor. Poderemos polo tanto traer roupa acorde (pantis, saias, camisetas ou pantalóns diferentes (exemplo: rachadas tipo zombie) e algún complemento non aparatoso (diademas, algún peinado diferente, etc). 

 

Faremos na aula un día diferente dentro desta normallidade que nos toca vivir. Por suposto, é voluntario.

 

Dúbidas ao mail.

 

Saúdos terroríficos!

 

Sara.

Tesouros de outono

Bos días! Na mochila mándovos unha ficha do outono para que poidades facer en casa estes días (de maneira opcional) e que os/as nenos/as que queiran traian ao cole.
 
A ficha consiste en buscar "Tesouros de Outono" (na propia ficha déixovos debuxos para que collades ideas) e pegalos á ficha (pode ser con cinta adhesiva).
 
Espero que vos guste a actividade.
 
Un saúdo
 
Alba

Recordatorio: ABCole primeiro caderno.

Boa tarde, recordatorio para as familias que teñen pendente de traer o primeiro caderno de ABCole. Xa empezamos con el! 

 

Grazas pola vosa colaboración.

 

Sara.

ABCole para martes 13 de outubro.

Ola familias!

 

Para o martes 13 de Outubro 2020, precisamos o primeiro caderno de ABCole de lectoescritura.

 

Grazas pola vosa colaboración.

 

Apertas! Sara.

crecín e cambiei

Ola: nesta unidade uns dos temas que tratamos é como cambian os seres vivos. Nada mellor que ver o paso do tempo neles e nas súas familias.

Aquelas familias que queiran colaborar poden enviarme por correo  unha foto de cando naceron, outra de bebé algo máis maior e outra cun ano ou dous. As fotos poñereinas na pizarra dixital de forma que se vaian vendo. Unha vez terminada a visión eses correos cos arquivos das fotos borrareinos.

Será unha actividade para expoñer ao longo das dúas próximas  semanas.

Grazas pola vosa colaboración 

                                                           Profe  Mary

libro dixital ABCole

O próximo martes 13 de outubro traeremos o colexio o caderno nº2 ABCole.

Previamente teredes que daros de alta en la siguiente dirección

es.sminfantil.com e seguir as instruccións que veñen na  contraportadada  da derradeira páxina do caderno, debaixo do pasaporte lector.O código é o que ven en cada libro.

Ademáis unha vez feito  vos preguntarán polo código do aula e teredes que poner

Código: s00ZHY8T9. Así  terán acceso o libro dixital.

Un Saúdo profe Mary

8/10/2020

INFORMACIÓN DE INTERESE

Ola familias!

Cómo estades? Primeiro de todo dicirvos que todo vai ben, que xa case temos interiorizadas as rutinas do día, que comezamos a traballar, a reflexionar e a compartir historias moi interesantes entre nós. Estamos felices de vir ao cole!

Por outro lado, déixovos recomendacións e dúbidas que foron xurdindo ao longo destes días.

- Mandilóns: Comezamos a traballar, polo que é o momento de comezar a traer posto o mandilón. Aínda non fai moito frío na aula, non fai falla que veñamos moi abrigados. 

- Roupa de abrigo: Precisamos que os abrigos e chaquetóns sexan na medida do posible o mais sinxelos, xa que deben ser autónomos en sacar e poñer o abrigo ( facémolo catro veces na xornada!) En ocasións é difícil axudalos a todas/os.

- Xoguetes: Recordar que non podemos traer xoguetes á aula.

Distribuir contido


by Dr. Radut