Boa tarde familias!
Como veríades na mochila, hoxe levaron unha botella de auga de agasallo por parte do Concello. Rogamos que as botellas que se traian a aula sigan sendo as mesmas de sempre debido a dificultade que pode ter abrila e pechala e xa que ao ser iguais poderíanse confundir.
Por outro lado, xa fai unha semana quedou unha chaqueta de punto gris na aula, que non ten nome. Se algunha familia a bota en falta que me escriba por mail e a envío pola mochila.
Xa por último, a semana pasada observamos froitas e froitos de outono tales coma chirimollas, kiwis, caquis, granadas, aguacates, cabazas, castanas, noces, avelás, améndoas, pistachos e algún outro. Tamén obxectos como ourizos, follas de diferentes cores, bellotas, etc...En algún caso quedaron con gana de probar os alimentos que trouxemos, déixovolo coma información por si queredes aproveitala na casa ou incluso traer dacordo ao calendario de merendas.
Todo sigue ben, o tempo acompaña, o grupo contento e eu tamén.
Apertas! Estamos en contacto.
Sara.