O pasado venres 28 de febreiro levouse a cabo unha actividade de linguaxe de signos no noso colexio, impartida pola FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia).
Por unha banda, o alumnado de infantil recibiu unha sesión de contacontos en linguaxe de signos con intérprete.
Por outra banda, en primaria, desenvolveuse unha actividade de sensibilización a través da proxección da historia El sueño de Pedro e dunha presentación na que se explicaron aspectos da vida cotiá das persoas xordas; aspectos como o tipo de despertador ou timbre que utilizan. Posteriormente, formuláronse preguntas ao alumnado para comprobar os coñecementos adquiridos. Finalmente, aprenderon o abecedario e algunhas palabras básicas en linguaxe de signos.