Skip to Content

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR

Prezadas familias.

Como xa vos informamos, este mes levaremos a cabo o proceso de renovación do Consello Escolar; polo que hoxe os vosos/as fillos/as levarán unha circular informativa para a casa na que se vos informa da presentación de candidaturas para cubrir as prazas de representantes dos pais/nais ou titores/as legais.

Esta información tamén estará publicada no taboleiro de anuncios da entrada principal do centro.

Calquera dúbida nos dubidedes en consultala.

 

CONSTITUCIÓN XUNTA ELECTOTRAL

Estimadas familias.

Esta ano levaranse a cabo ás eleccións ao Consello Escolar, polo que comeza o plazo para realizalas.

O primeiro paso será a Constitución da Xunta Electoral, que se realizará mediante un sorteo público o xoves 28 de outubro ás 11:00 horas no salón de actos do centro; neste sorteo elixirase representantes dos/as mestres/as (titular e suplente), representantes dos/as pais/nais/titores legais (titular e suplente) e representante de administración e servizos (titular e suplente).

NON TRAER CASTAÑAS

Prezadas familias:

Con motivo da celebración do Magosto, o vindeiro venres 29 de outubro, pediusevos que mandásedes un feixe de castañas.

Ao final NON MANDEDES AS CASTAÑAS; xa se encarga o cole de todo.

 

Desculpade as molestias.

 

 

SAMAÍN-HALLOWEEN/MAGOSTO

 

Prezadas familias:

 

O vindeiro venres 29 de outubro celebraremos no centro as festividades de Samaín-Halloween e o Magosto.

 

A xornada estará dividida en dúas partes, unha de horario lectivo normal e a outra adicada ás festividades, onde degustaremos as castañas e levaremos a cabo xogos populares no patio.

 

Pedimos a vosa colaboración aportando un feixe de castañas xa picadas que serán levadas para asar e poder comelas na hora da merenda, como se fai diariamente.

 

PROGRAMA ARCO

Estimadas familias:

Comprácenos comunicarvos que fomos un dos centros seleccionados para levar a cabo o CONTRATO PROGRAMA RECUPÉRA-T, no marco do Plan Recupera, dirixido a centros docentes públicos de educación primaria e secundaria dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para o curso 2021-2022.

 

 

Polo tanto, contaremos co mestra Beatriz Espiñeira Espiñeira que estará facendo unha media xornada dentro das aulas de 4º e 5º de Educación Primaria, reforzando as materias de matemáticas, lingua castelá e lingua galega.

 

DÍA NON LECTIVO LUNS 11-10-2021

Prezadas familias.

 

Segundo a Orde do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021-2022 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, no seu Artigo 7 Días non Lectivos, establécese como día NON lectivo o 11 de outubro de 2021 por ser o día do Ensino; unido ao día 12 (Día da Hispanidade, festivo nacional), non retomaremos as clases ata o mércores 13 de outubro.

 

Recibide un cordial saúdo.

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2021-2022

Prezadas familias.

Onte 29 de setembro foi publicado un comunicado na páxina web da ANPA, https://anpaherrerias.blogspot.com/

donde podedes ver as actividades extraescolares que se van a desenvolver no presente curso escolar e os horarios das mesmas.

 

 

REUNIÓN DE AULA 4º EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día.

 

Convócase a todos os pai/nais/titores legais dos/as alumnos/as de 4º de Ed. Primaria á reunión de inicio de curso, que terá lugar no salón de actos do centro, o vindeiro luns, día 4 de outuibro ás 18:15 horas.

Prégase:

- Puntualidade.

- Só poderá asistir unha persoa por alumno/a.

- Na medida das posibilidades, vir sen nenos/as.

- Deberán esperan a ser chamados para entrar.

 

A titora.

Patricia González Fernández.

REUNIÓN DE AULA 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día.

 

Convócase a todos os pai/nais/titores legais dos/as alumnos/as de 6º de Ed. Primaria á reunión de inicio de curso, que terá lugar no salón de actos do centro, o vindeiro luns, día 4 de outubro ás 17:15 horas.

Prégase:

- Puntualidade.

- Só poderá asistir unha persoa por alumno/a.

- Na medida das posibilidades, vir sen nenos/as.

- Deberán esperan a ser chamados para entrar.

 

O titor.

Carlos Sastre de Vicente.

REUNIÓN DE AULA 1º EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día.

 

Convócase a todos os pai/nais/titores legais dos/as alumnos/as de 1º de Ed. Primaria á reunión de inicio de curso, que terá lugar no salón de actos do centro, o vindeiro luns, día 4 de outubro ás 16:15horas.

Prégase:

- Puntualidade.

- Só poderá asistir unha persoa por alumno/a.

- Na medida das posibilidades, vir sen nenos/as.

- Deberán esperan a ser chamados para entrar.

 

A titora.

Ana Mª Paredes Candal.

Distribuir contido


by Dr. Radut