Prezadas familias:
O vindeiro venres 29 de outubro celebraremos no centro as festividades de Samaín-Halloween e o Magosto.
A xornada estará dividida en dúas partes, unha de horario lectivo normal e a outra adicada ás festividades, onde degustaremos as castañas e levaremos a cabo xogos populares no patio.
Pedimos a vosa colaboración aportando un feixe de castañas xa picadas que serán levadas para asar e poder comelas na hora da merenda, como se fai diariamente.
O alumnado pode vir disfrazado (aconsellamos non traer complementos que entorpezan demasiado e vir cómodos/as para poder disfrutar dos xogos).
Levaremos a cabo un concurso-exposición de cabazas, votando ás cabazas máis terrorífica e a máis orixinal; polo que cada alumno/a poderá deseñar co seu estilo propio a cabaza como máis lle guste.
Poden comezar a traer as cabazas o mércores 27 e o venres 29 deberán recollelas (aquelas que queden no centro serán retiradas co fin de evitar malos olores).
As actividades serán levadas a cabo tendo en conta todas as medidas de seguridade e hixiene establecidas no Plan de Adaptación ao Covid, respectando as quendas diarias dos recreos e mantendo o contacto só co grupo-clase.
Agradecemos de antemán a vosa colaboración.
O claustro de mestres/as do Ceip Cidade Vella.