Prezadas familias,
Dende a Biblioteca queremos continuar co programa de “Lectura e familias” iniciado o curso pasado que tan boa acollida tivo.
Este ano queremos que as lecturas se extendan ao longo de todo o curso pero as inscricións concretaranse por trimestres. Para este trimestre podedes apuntarvos enviando un mail ao correo do centro (ceip.cidade.vella@edu.xunta.gal) indicando a vosa dispoñibilidade horaria e o conto/historia/relato que queredes ler. Se non se vos ocorre ningún, podedes poñervos en contacto coa biblioteca para levar un en préstamo.
O prazo para apuntarse remata o venres 11 de outubro para empezar as lecturas no mes de novembro.
O equipo de biblioteca.