Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

ÁNXELA LOUREIRO visita o noso cole

   Hoxe foi un día completo no noso cole, o alumnado de 5º e 6º tivo a sorte de contar con Ánxela Loureiro autora de "Laia, a nena da illa", a visita foi todo un éxito. Falamos do libro, que nos gustou moito, pero o que non imaxináramos era  que íamos rematar cantando e bailando.

Grazas Ánxela, foi unha charla inmellorable!!



UNHA OLLADA PÍCARA, SORPRESA!!!!!

Así apareceron esta mañá os percheiros, non estaban os nomes!!!! Son gañas de lialos, revolucionalos e ilusionalos.Houbo caras  de todo tipo, e ata algún dixo "Eu non sei cal son".Rápidamente atopáronse e todo quedou en risas.Eso sí, poñíase cada quen na súa ollada para comprobar que coincidían.Ahhhh!!! pero esto vai ter unha finalidade que todavía non saben .Podédevos  imaxinar cal é?....matemáticas!!! 


MATES EN FAMILIA

MATES 4º E.I

Grazas ao pai de Mateo Vizoso, á nai de Zoé e á avoa de Enzo e Carlos.

MATE 5º E.I

Dominó,máquinas de sumar,dados, pinzas para asociar e o gran éxito do mes "A cana de pescar números".Son tan agradecidos!!!.Gústalles todo cando se plantexa ludicamente.As avaliacións dos talleres de matemáticas SEMPRE son satisfactorias.

MATES 6º E.I

Último día de mates en familia.Rematamos con un xogo que nos encanta, o bingo.Coa colaboración das mamás de Martín e Carmela.Grazas a todas e todos os que participachedes!!!!

CONTOS DE ANTES

CONTO 4º E.I: "A BRUXA REGAÑADENTES"

Grazas á nai de Carlos que veu a contarnos o conto "A bruxa Regañadentes".

CONTOS 5º E.I

Hoxe clausuramos os contos de antes.Nesta ocasión Lucía , a nai de Nicolás, ensinounos un libro informativo sobre os cabalos moi interesante e agasallounos cun pin de cabalo.

 

Óscar, o avó de Celia ,sorprendeunos con "Ricitos de oro", un conto de texturas moi atractivo.Grazas pola vosa colaboración!!!

ANIVERSARIO DE DANIELA

Xa son 5 anos os que cumpríu hoxe.Parabéns Daniela , que teñas un feliz día.E tamén moitas grazas a túa familia pola tarta de lacasitos, que estaba boísima.Cando cheguei e vin a tarta, cambiei a miña programación do día e adicámonos a preparar un listado con todas as cores dos lacasitos e a cantidade de cada un.As matemáticas e a escritura están presentes sempre e por riba con moito significado.


PONTE NO MEU LUGAR

   O pasado venres 20 de abril tivemos a visita dos nosos/as compañeiros/as do Centro Ocupacional ASPANEPS. Pasamos unha xornada estupenda na que falamos e reflexionamos sobre as dificultades e barreiras arquitectónicas que podemos atoparnos ao noso arredor se nalgún momento da nosa vida nos vemos faltos de mobilidade, visión... A importancia de reivindicar espazos sen barreiras para que todos e todas poidamos demostrar do que somos capaces.



Agasallo de Radio Fene para conmemorar o Día do Libro!

A nosa biblioteca conta con máis exemplares grazas ao lote de libros recibido onte por Radio Fene. Moitas grazas!

O NOSO HORTO!!!!

Por fin despois de moito tempo sin poder ir ao horto, poidemos traballar outra vez nel.

CONTOS DE ANTES: "OS SETE CABRITIÑOS"

Nin que se puxeran dacordo, esta semana en todas as clases contaron o conto "Os sete cabritiños"!!!!

4º E.I

Grazas á nai de Enzo por contarnos este conto.

    

5º E.I

Victoria, a avoa de Daniela , contounos  este fantásstico conto.Ademáis agasallounos cun marcapáxinas de "Garbanciño"e tívonos que contar tamén o conto porque lles gusta moito.Por certo, ao rematar a sesión recargamos enerxías cunhas chocolatinas.Moitas grazas,Victoria!!!!!

CONTO 6º E.I

Moitísimas grazas a Marga, a avoa de Marcos,por vir contarnos e cantarnos este conto que é moi especial para a súa familia.

       

Distribuir contido