Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
XOGO COOPERATIVO DE ACRÓBATAS EN MADEIRA.
Poden xogar en solitario ou en parellas. Puxemos a proba a nosa habilidade e.... ufffff , hai que ter moita precisión, paciencia e sobre todo destreza manual. Un xogo de equilibrio moi divertido! pódense crear acrobacias impresionantes!, só tes que ter coidado!
Portas abertas para despedir o curso na actividade extraescolar de Robótica!
O luns as nenas e nenos que participaron na actividade de Robótica durante este curso, guiados/as polos monitores, fixeron unha presentación ás familias dos programas utilizados e como os manexan. Ademáis tiveron a oportunidade de facer algún xogo empregando Kahoot para comprobar quen sabía máis sobre estos programa, as familias ou os nenos/as.
Foi moi divertido despedirse así ata o ano que ven.
SILUETAS CORPORAIS NO RECANTO DE CONSTRUCCIÓN.
Xogamos co corpo, movémonos, buscamos posturas supino ou prono, posturas difíciles e articuladas.. e escollemos unha postura sinxela e cómoda que poidamos contornear con pezas. Fixemos dous grupos e dúas siluetas, unha de pezas de Lego e outra con pezas de madeira de construcción. Quedaron chulísimas! Contamos as pezas utilizadas nas siluetas, 66 e 73, cal ten máis? cal menos?, cantas faltan para ser iguais?
ADQUIRINDO RESPONSABILIDADE
Que riquiños e que riquiñas!.Para comelos e comelas!. Xa medraron moito ao longo deste ano e os pequenos son os de tres anos. Síntense maiores e adquiriron os cargos de madriñas e padriños, axudando a poñer os mandilóns, baixar ao patio, subir e baixar as escaleiras... DABA GUSTO VELOS COIDAR DO GRUPO DE TRES ANOS !
CENORIAS DO NOSO HORTO
Ainda que repartimos as cenorias do horto todavía quedaron moitas, así que tocou probalas crúas. Lavamos, pelamos con pelador e cortamos ao gusto. Tiñamos forma de espaguetis, espadas e ouros, así é como quixeron. E cal foi a miña SORPRESA?, que a gran maioría gustábanlle. Que ricas!que boas! quero máis!... Temos que repetir esta merenda.
PARABÉNS DANIELA GÓMEZ E GAEL GRUEIRO!!!
Parabens Daniela Gómez é Gael Grueiro! Naceron o mesmo dia fai xa 6 anos e agora celébrano con tod@s nos.
Exposición de 5º e 6º sobre diferentes pintores aos nenos e nenas de infantil
As nenas e nenos de quinto e sexto de Primaria traballamos en Arts a obra de distintos pintores. E despois ensinamoslles aos de infantil o que descubrimos. Ademais fixemos unhas "copias" dalgunhas das obras dos autores e regalamosllas aos nenos e nenas pequenos. E tamen lles fixemos unhas zapatillas para aprender a atar os cordons.
A nós encantounos a experiencia!! E cremos que eles tamén disfrutaron! !!
Mirade aos de terceiro, cuarto e quinto de infantil....parece que lles gustou, non si???
E ainda nos quedan mais visitas.
COME BEN, MÓVETE BEN. ACROSPORT: ARTE FRUTAL.
A proposta era facer un verme coa froita que traían, así que puxémonos máns á obra e a pelar plátanos e cortar amorodos.Estes son os nosos vermiños, grandes, medianos e pequenos!. Sen dúbida foi a parva máis exitosa.Seguimos concienciándonos de tomar alimentos saudables porque fannos sentir mellor e sans.
ACROSPORT COMO BEN, MÓVOME BEN : MACEDONIA
O ACROSPORT da para moito, e agora estamos concienciándonos de tomar merendas saludables para estar fortes e sans para así practicar o ACROSPORT sin dificultade.
Comezamos por estas macedonias.Preparamos a froita, algúns coitelos resistíanse. Comemos. Limpamos. Pasámaolo xenial aprendendo e coidándonos.E a macedonia.... exquisita!!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- …
- seguinte ›
- última »