Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Extraescolares

CAMPAMENTO DE VERÁN "JUSTO AL REVÉS"

Ola, familias!

Envíovos información que me pasaron sobre o campamento de verán que organiza a escola de tenis "JUSTO AL REVÉS". Desexo que sexa do voso interese.

Apertas varias.

Abel

Camisetas de Centieiras

Bo día!

Comeza a primaveira, e comezan tamén as saídas, actividades deportivas e as gañas de presumir de brazos e camisetas. Dende o cole, pensamos que sería ben chulo ter unha camiseta co logo do noso centro e que nos identificara como orgullosas persoas de Centieiras. Pensamos nunha camiseta branca, que da luz, é sinxela de lavar e queda requeteben coas nosas cores! Que vos parece? Fai click na imaxe para ver o vídeo tan chulo que crearon dende extraescolares:

https://youtube.com/shorts/qqqaUmmnSu4?feature=share

Como conseguir a nosa camiseta? Ben fácil: adxunta nesta nova, está o logo do cole. Nunha imprenta, pódese estampar nunha camiseta branca. Dende o cole levamos o logo a Cofer e ali nos dixeon que as familias que queiran poden encargar a camiseta xa estampada por 11€.

Comezaremos utilizando as nosas camisetas en Atletismo divertido o 18 de abril, así que anímate a facerte coa túa!

Centieiras decorado de Samaín

Esta mañá o noso cole amenceu desta forma grazas ás persoas voluntarias da ANPA que fixeron un gran traballo. Varios nenos e nenas esta mañá espertaron de súpeto ao atoparse esa bruxa colgada na porta!

Actividades extraescolares 2019/20

*A actividade de E-Makers modificouse a unha hora, de 16:00-17:00 hora.
 
As actividades de: TEATRO - ÁBACO - DI STUDIO - XADREZ e INGLÉS non acadaron o mínimo necesario. Se alguén está interesado/-a en calquera das actividades resultantes pode comunicalo ata as 09:30 horas do mércores   25/09/2019 á ANPA por correo electrónico (anpa.centieiras@gmail.com). 
 
Un saúdo
A Directiva

#Fenequedanacasa: Pequehumoristas en acción!

PEQUE-HUMORISTAS EN ACCIÓN! é una actividade dirixida aos máis pequenos da casa aos que pedimos que pensen naquelas cousas que os divirten e que, á vez, poden axudar a facer rir aos demais. Se un neno/a sabe debuxar, pode facer un debuxo humorístico ou un chiste gráfico. Se ten una gracia especial para contar chistes, pode gravar un audio ou un vídeo co mellor chiste que coñeza. Tamén pode enviar un pequeno monólogo humorístico, una foto graciosa ou una imitación dalgún personaxe famoso. O caso é rirmos un pouco nestes tempos de confinamento nos que #Fenequedanacasa.


Para ser un/ha “Peque-humorista en acción”, cómpre enviar o debuxo, fotografía audio ou vídeo realizado ou protagonizado polo/a neno/a por Whatsapp (607 625 357) ou correo-e (fenequedanacasa@fene.gal), indicando o nome do autor/a, idade e localidade de procedencia. O material recibido publicarase na páxina de Facebook de Fenequedanacasa e compartirase nas distintas redes sociais do Museo do Humor (Youtube, Facebook, Instagram e Twitter).

Condicións:

-    Para participar nesta actividade, é imprescindible que os/as menores que conten co consentimento dos pais, nais ou titores/as legais. No momento que se envía o debuxo, audio, fotografía ou vídeo, mesmo coa voz/imaxe do menor, autorízase a súa difusión en webs, publicacións e redes sociais municipais

-    Acompañando cada debuxo, fotografía audio ou vídeo (que non poderá superar os 30 segundos de duración) figurará o nome do autor/a ou protagonista, idade e localidade de procedencia.

-    Os textos que aparezan nos debuxos e os diálogos dos vídeos e audios enviaranse preferentemente en lingua galega.

-    Non se publicarán imaxes sexistas ou que poidan danar a sensibilidade das persoas.

 

Portas abertas para despedir o curso na actividade extraescolar de Robótica!

O luns as nenas e nenos que participaron na actividade de Robótica durante este curso, guiados/as polos monitores, fixeron unha presentación ás familias dos programas utilizados e como os manexan. Ademáis tiveron a oportunidade de facer algún xogo empregando Kahoot para comprobar quen sabía máis sobre estos programa, as familias ou os nenos/as.

Foi moi divertido despedirse así ata o ano que ven.

 



8 DE MARZO. DÍA DA MULLER

Có gallo do 8 de marzo, toda a comunidade educativa o pasado venres abrazamos ó noso cole e para rematar fixemos na pista polideportiva  un gran lazo malva  con todos os lazos que trouxeran as nenas e nenos das súas casas.

MUÍÑO DE PEDROSO

Algunhas fotos dun estupendo día na natureza.Fixeron sales de baño de moitas cores,seguiron rastros e pegadas e fixeron riquísimos chourizos.Comeron,beberon,xogaron...e houbo quen tamén durmeu un pouquiño á volta...



Distribuir contido