Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

O CURSO REMATOU

Cantas cousas fixemos ó longo do curso e todo o que aprendimos!! Encántanos que veñan os nenos doutras aulas a lernos contos e ensinarnos os debuxos, mirade que atentos estamos. Pero se temos que elexir unha das rutinas que máis nos gusta a todas e todos, estamos de acordo en que é...XOGAR e APRENDER nos rincóns!! En pequenos grupos fumos rotando por eles diariamente e pasámolo xenial. No do ARTE sorprendíamos aos mestres coa nosa creatividade, fixemos libros con pegatinas de letras, gomets, cuños e estampacións, debuxos para as familias, dedicatorias de cumpreanos... as CONSTRUCCIÓNS é outro dos favoritos, as pezas de lego, os cubos, os animáis, a composición de figuras e o taller de bricolaxe, entre outros.No rincón da COCIÑA tamén o pasamos moi ben preparando cafés e comida, paseando os bonecos nos seus carros, pranchando a roupa deles, limpando a clase...en definitiva, adoptando pequenas tarefas cotiás que aprenden de todos nós e son fruto da espontaneidade. Os puzzles tamen nos gustan moito, cada día que pasaba conseguíamos acabar un máis grande, axudándose entre sí e compartindo. O rincón da biblioteca e o das letras tamén foi moi divertido, a través da pizarra imantada e os cubos das letras compoñíamos palabras significativas para nos, como pode ser o nome e obxectos que coñecemos.

Deixamosvos estas últimas fotos deste grupo de cuarto de educación infantil e deseamosvos a tod@s unhas felices vacacións! Ata pronto!


PARABÉNS PARA CELIA E XABI!!!!

Aínda que van cumprir os cinco anos  en agosto, xa o celebramos na aula.  Cando veñan en setembro téñense que tachar do listado de catro anos e apuntarse no de cinco. Festa rachada, cantos gusanitos, galletas e gominolas!!!


BOLBORETAS!!! BOLBORETAS!!!

Esta mañá as nenas e nenos de 6º de Infantil descubriron as BOLBORETAS, berraron e berraron para que nos enteraramos.Os nosos ovos, eirugas,  casulos  xa son BOLBORETAS. Algunhas xa se están apareando e  pronto teremos outra vez ovos para gardar e poder observar a vindeira primavera.ESPECTÁCULAR CICLO! MARABILLOSO!!!!

PARABÉNS MATEO!!!!

 Xa ten 4 anos, canto medraron todos!! Dende pola mañá estaban agardando a celebración do seu aniversario. A súa nai veu á clase cun biscoito e...tiña lacasitos..!!  Estaba boísimo, moitas grazas!


PARABÉNS PARA IRENE E ASIER!

Feliz día no voso aniversario, xa tedes 5anos e pasades para a clase de 6 de Infantil.  Que maiores todos!  Pola maña tiñan moitos nervios porque isto de cumprir anos dalles moita alegría.Últimos aniversarios deste curso. 


FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2018/19

NORMATIVA: Orde de 9 me maio de 2018 (DOG do 21/05/2018)

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 22 de maio ata 22 de xuño de 2018.

LUGAR DE PRESENTACIÓN: Secretaría do centro ou por vía electrónica empregando os formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros)  e a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)

ACHÉGASE A SEGUINTE DOCUMENTACIÓN:

Fotografías da exhibición de Acrosport

Aquí vos deixamos esta montaxe coas fotos da exhibición de Acrosport. O noso agradecemento a Ulises, pai de Tristán e Xantal por pasarnos estas magniíficas fotografías.

 

EXHIBICIÓN ACROSPORT VÍDEO

Aquí tedes unha pequena mostra da exhibición de acrosport.Se queredes velas ao completo clicade nos enlaces que aparecen a continuación do vídeo.



 

ESCOITANDO "CRÓNICAS DE CENTIEIRAS"

As nenas e nenos de educación infantil gustounos moito escoitar a retransmisión do programa de radio todos xuntos!! A espontaneidade foi a protagonista, xa que cando escoitamos a música moitos de nós aplaudimos e incluso levantámonos a bailar. Encántanos compartir estes momentos en gran grupo.


REPRESENTACIÓN A TAMAÑO NATURAL

  Buscamos unha figura de ACROSPORT de catro e a reproduciron facendo equipos. Escollimos  cal nos pareceu que estaba mellor e... a tirarse ó chan. Decidimos  quen ía facer de modelo no grupo e tiña que  colocarse no papel continuo e quen repasaba a silueta sen facer demasiadas cóxegas. En equipos de catro repasaron o contorno, pintaron con VASOIRA e recortaron.  Tiveron que fixarse moito na posición dos brazos e pernas.  Quedaron así!!!!

Distribuir contido