Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

TEATRO JOFRE

O xoves 1 de febreiro fomos ao teatro Jofre a ver a obra "Pum, pum" .Viaxamos 5º e 6º de E.I con 1º e 2º de E.P.Ao rematar a función merendamos e xogamos no Cantón.E para rematar , o mal tempo obligounos a refuxiarnos baixo un barco pirata!!!

A bruxa Encarnación di....

"O martes traerás un colar grande e moi orixinal!"

CRUCES E MÁIS CRUCES

Con moedas,policubos, chinchetas,pinchos,plastilina e como non... co noso propio corpo. Fai falla moita cooperación nesta actividade para lograr as cruces corporais. Os góticos están dándonos moito xogo!!!

CONTOS DE ANTES: "HANSEL E GRETEL"

Dende Lugo chegou Maruxa , a tía de Asier, para contar "Hansel e Gretel".Eso sí, apoiado nas novas tecnoloxías do móbil.Como non!!! cargadiña de chuches e máis chuches e máis......Grazas Maruxa!!!

Mandados da bruxa Encarnación!

 

"O luns traerás algo na cabeza que non sexa gorra, nin viseira, nin sombreiro."

30 Xaneiro - Día da Paz

Polo Día da Paz traballamos en Arts & Crafts facendo uns banderíns con "palabras e frases bonitas" que chamaban á reflaxión. Ensinámosvos algunhas delas e esperamos que vos gusten!

Modigliani en 5º e 6º EP

Na clase de Arts o alumnado de quinto e sexto traballamos con Modigliani...coñecimos un pouco deste pintor e fixemos uns cadros característicos do seu estilo,  empregando tizas para pintar.

Estamos feitos uns artistas...
Fantastic!!!

 

 



DÍA DA PAZ

Para celebrar o Día da Paz , as nenas e nenos do colexio movéronse ao ritmo de "Moving" de Macaco.Pasámolo xenial!!!

HORTO

Esta semana tocou coidar o noso horto. Cavar , arrancar herbas, amarrar....CANTO TRABALLO!!!!

CONTACONTOS

Tivemos sesión de contacontos. Foi moi divertido!!!

MATES EN FAMILIA

Hoxe comenzamos "Mates en famila " na aula de 4º de E.I. Grazas ao pai de Arian e ás nais de Miguel e de Noemí e á de Pablo Romero.

 

Nas matemáticas da aula de Fina non pode faltar un BINGO que  sempre causa sensación.Tamén as construcción de tantas pezas como indica o dado , ata unha escaleira ca baralla española así como tiras numéricas para sinalar o anterior e o posterior.Que mellor xeito para aprender que empezar a mañá con xogos!!!. Grazas  a todos os   participantes que fan posible MATEMÁTICAS EN FAMILIA, Paula, Marta e María.

 

Unha semana máis , sesión de "Mates en familia".Grazas a Juana, nai de Carmela  e a Ulises  , pai de Xantal , por axudarnos e ensinarnos tanto.

 

PARABÉNS EMMA!!!

Emma é a maior do grupo. Xa ten 5 anos así que tachouse do listado de 4 anos e apuntouse de primeira no listado de 5 anos. Grazas por ese biscoito, estaba delicioso!!


Distribuir contido