Saltar navegación.
Inicio

Taboleiro

Festa de Samaín

Letras Galegas: Xela Arias.

Este ano 2021 as Letras Galegas están adicadas a Xela Arias.

Como cada ano son moitas as actividades que se propoñen nas redes para traballar persona a que se lle adica o 17 de Maio.

Música

Actividades para Educación Infantil

Actividades para Educación

Outras actividades

Máis actividades

Obras e cronoloxía

 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!!!!

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2021-2022

Dende o C.E.I.P. Castrillón - Coiro queremos informarvos que de acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, o próximo 1 de marzo iníciase o prazo de admisión de solicitudes.

Atendendo á situación actual que estamos a vivir por mor da COVID-19, non podemos realizar a presentación do noso centro nin da nosa metodoloxía de traballo como en anos anteriores, por este motivo preparámosvos os seguintes vídeos para que coñezades un pouco máis sobre nós.

 

 

Ademais, tamén preparamos o seguinte tríptico informativo con toda a información necesaria sobre o noso centro, así como os teléfonos de contacto ós cales vos podedes dirixir para aclarar calquera dúbida.

 

A solicitude de admisión do alumnado realizarase mediante o FORMULARIO DE ADMISIÓN que está a súa disposición na secretaría do centro. Este formulario tamén pode descargarse no seguinte enlace.

Formulario de Admisión.

 

Unha vez descargado, deberase cumprimentar de forma manual e presentarase no centro.

ACONSÉLLASE pedir previamente CITA TELEFÓNICA nos seguintes teléfonos: 886 110 173, 886 110 172 e 886 110 170.

As franxas horarias nas que se pode facer entrega da documentación son:

  • De 9.00 a 11.00 horas.
  • De 13.00 a 14.00 horas.
  • De 16.00 a 17.00 horas. (excepcionalmente para aquelas familias que non poidan acudir ó centro educativo en horario de mañá)

 DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA NECESARIA:

  • Formulario de Admisión.
  • Fotocopia completa do Libro de Familia.
  • Fotocopia do DNI dos proxenitores e do solicitante (Se o ten expedido).
  • 4 fotografías tamaño carnet.
  • Fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou do seguro que lle corresponda ao alumnado solicitante.
  • Se é o caso, documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. (Expedida polos servicios sociais competentes que acrediten as circunstancias alegadas).
  • Certificado médico que acredite:
    • Ausencia de enfermidades infecto-contaxiosa.
    • Ausencia de defecto físico ou psíquico invalidante.
    • Estar ó día no cumprimento do calendario oficial de vacinacións.
    • A posesión dalgunha alerxia medicamentosa.
  • Volante de empadroamento no que figuren todos os membros que conviven no domicilio familiar (Solicítase no concello).

Tamén poderá realizarse a presentación telemática no mesmo prazo (desde o 1 ó 22 de marzo) na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/)

Os postos escolares vacantes están publicados nesta ligazón e no taboleiro de anuncios do centro.

Prazos:

  • Solicitude de admisión e entrega de documentación: do 1 ao 22 de marzo.
  • A lista de admitidos/as e excluídos/as exporase no taboleiro de anuncios do centro na primeira quincena de maio.

Entroido

07/02/2021

NESTE ANO TAN PECULIAR

O ENTROIDO EN CASTRILLÓN ESTÁ POR CHEGAR,

AÍNDA QUE NOS PODEMOS DISFRAZAR

A FESTA NESTE CURSO VAISE DIFERENCIAR.

PARA O ENTROIDO PODER TRABALLAR

A WEB DO COLE IMOS VISITAR,

ACTIVIDADES E XOGOS QUE SE ESTÁN A DESEÑAR

E ASÍ POLOS ENTROIDOS PODER VIAXAR.

VIVA O ENTROIDO!!!

 

PARA INFANTIL 1º E 2º: https://learningapps.org/view17277036

 

PARA 3º, 4º ,5º E 6º:https://es.educaplay.com/juego/8083484-pasapalabra_do_entroido.html

 

CONSULTA:

 
 
 
 
Este é longo pero fala da cultura do entroido e é moi interesante

https://www.youtube.com/watch?v=b7S2Fs2twY0

Calendario Escolar Curso 2020-2021

Estimados pais/nais:

Pola presente nota informativa poñemos no seu coñecemento que o vindeiro luns, 2 de novembro, foi aprobado como día NON LECTIVO pola Xefatura Territorial de Educación, á proposta do Consello Escolar do Centro, en coordinación con outros centros de Educación Primaria do Concello de Cangas. Polo tanto, non haberá clase.

No arquivo adxunto está o calendario escolar para o curso 2020-2021.

Un cordial saúdo.

ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN COVID-19 e DECLARACIÓN RESPONSABLE

ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN COVID-19 e DECLARACIÓN RESPONSABLE

Estimadas familias:

Segundo recolle o Protocolo de Adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino, os pais, nais ou titores legais do alumnado realizarán cada mañá, antes da chegada ao centro, unha AUTOAVALIACIÓN dos síntomas a fin de comprobar se estes son compatibles cunha infección por COVID-19. Utilizarase a enquisa que se describe no Anexo I.

No caso de que se detectase sintomatoloxía compatible na casa, o alumnado non acudirá ao centro e a súa familia contactará inmediatamente co centro de saúde de referencia e co teléfono que o centro ten para incidencias relacionadas coa COVID-19 (675 599 522).

Así mesmo, deberán imprimir e devolver asinada ao centro,a DECLARACIÓN RESPONSABLE que figura no arquivo adxunto.

Moitas gracias pola súa colaboración!

ORGANIZACIÓN DO CENTRO SEGUNDO O PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19

ORGANIZACIÓN DO CENTRO SEGUNDO O PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19

Segundo o protocolo de protección e o plan de adaptación do CEIP do Castrillón-Coiro,  á situación COVID-19, informamos dos CAMBIOS que haberá con respecto ás entradas e saídas do centro escolar, así como, dos aspectos máis significativos de organización do centro.

Solicitamos ás familias do alumnado que lean detidamente as instrucións dadas, clicando no documento ADXUNTO.

Inicio curso escolar 2020-2021

INICIO CURSO ESCOLAR 2020-2021

Estimadas familias:

A vindeira semana comezará o curso escolar 2020-2021. Segundo a Resolución do 1 de setembro de 2020 da Consellería de Educación, a incorporación do alumnado producirase de xeito gradual:

O xoves, 10 de setembro, incorporarase o alumnado de:

         4º de Ed. Infantil (3 anos) (*)

5º de Ed. Infantil (4 anos)

1º, 2º e 3º de Ed. Primaria (**)

*O alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) irase incorporando paulatinamente seguindo o período de adaptación.

(**) Neste primeiro día, o alumnado de 1ºA incorporarase ás 09:30 e o de 1ºB farao ás 09:45 para escalonar a súa entrada.

 

O venres, 11 de setembro, incorporarase o alumnado de:

                          6º de Ed. Infantil (5 anos)

                            4º, 5º e 6º de Ed. Primaria

 

Desta maneira, o venres día 11 xa estaría incorporada ás aulas a totalidade do alumnado das etapas de Infantil e Primaria.

O vindeiro luns colgaremos na páxina web do centro máis información sobre a organización deste curso (entradas e saídas, recreos diferenciados, itinerarios, comedor e demais medidas de adaptación ao contexto da Covid 19).

Agradecemos a vosa comprensión!

Fondo solidario de libros de texto e axudas par adquirir libros de texto e material escolar

FONDO SOLIDARIO de LIBROS de TEXTO e

AXUDAS para adquirir LIBROS de TEXTO e MATERIAL ESCOLAR

 

Estimadas familias:

Comunicámoslles que saíu publicada a listaxe provisional de admitidos no Fondo Solidario de Libros de Texto para os niveis de 3º e 4º de E. Primaria.

As listaxes están publicadas no taboleiro de anuncios situado na entrada de Educación Primaria.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a chave 365 ou o certificado dixital da FNMT.

Recordámoslles que as listaxes definitivas publicaranse o día 13 de xullo.

A entrega dos libros de texto do Fondo Solidario do curso 2020/2021 para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria realizarase no mes de SETEMBRO, xunto co documento de “ENTREGA” que terá a sinatura da persoa tiltular da dirección, o selo do centro e a sinatura do/da representante legal do alumnado, a quen se lle entregará unha copia.

A recollida dos VALES para adquirir libros de texto para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria e dos VALES para adquirir material escolar destinados ao alumnado matriculado en E. Primaria realizarase A PARTIR do 1 de SETEMBRO.

Un cordial saúdo.

Relación de libros de texto para o curso 2020-2021

 RELACIÓN de LIBROS de TEXTO

Curso 2020/2021

 

Curso

Área

Título, colección, editorial

ISBN

3 anos A

Inglés

Daisy, Robin & Me! Green Starter Class Book Pack . Oxford U. P.

9780194806626

3 anos B

Inglés

Daisy, Robin & Me! Green Starter Class Book Pack . Oxford U. P.

9780194806626

4 anos A

Inglés

Daisy, Robin & Me! Green A Class Book Pack . Oxford U. P.

9780194806435

4 anos B

Inglés

Daisy, Robin & Me! Green A Class Book Pack . Oxford U. P.

9780194806435

5 anos A

Inglés

Daisy, Robin & Me! Green B Class Book Pack . Oxford U. P.

9780194806534

5 anos B

Inglés

Daisy, Robin & Me! Green B Class Book Pack . Oxford U. P.

9780194806534

1º E. Prim.

Lengua Cast.

Proyecto Zoom, 1 Primaria. Ed. Vicens Vives

9788468254708

 

Lingua Galega

Proxecto Zoom, ACTIVIDADES de REFORZO 1. Ed. Vicens Vives

9788468259390

 

Lingua Galega

Proxecto Zoom, COMPRENDER E APRENDER 1. Ed. Vicens Vives

9788468232119

 

Matemáticas

Proyecto Zoom, 1 Primaria. Ed. Vicens Vives

9788468254692

 

Matemáticas

Proyecto Zoom, PRACTICAMAT 1. Ed. Vicens Vives

9788468258737

 

C. da Natureza

Proxecto Zoom, 1 Primaria. Ed. Vicens Vives

9788468255927

 

Inglés

Go! 1, Student’s Pack. Ed. Richmond

9788466829205

2º E. Prim.

-

Licencia Snappet INICIO

9788494420535

 

Lengua Cast.

Proyecto Zoom, 2 Primaria. Ed. Vicens Vives

9788468254852

 

Lingua Galega

ONDAS 2, Comprensión Lectora. Ed. Vicens Vives

9788468227467

 

Lingua Galega

Caderno Lingua Galega 2. AULA ACTIVA. Ed. Vicens Vives

9788468230207

 

Matemáticas

Proyecto Zoom, 2 Primaria. Ed. Vicens Vives

9788468254869

 

Matemáticas

Proyecto Zoom, PRACTICAMAT 2. Ed. Vicens Vives

9788468258744

 

Inglés

Go! 2, Student’s Pack, Ed. Richmond

9788466826242

3º E. Prim.

-

Licencia Snappet INICIO

9788494420535

 

Lingua Galega

Lingua 3, Peza a peza, Ed. Anaya

9788469866931

 

Matemáticas

Matemáticas 3,  Saber Hacer Contigo, Ed. Santillana

9788414111864

 

C. Sociais

C. Sociais 3, Peza a peza, Ed. Anaya

9788469867150

 

C. da Natureza

C. da Natureza 3, Peza a peza, Ed. Anaya

9788469867051

 

Inglés

Go! 3, Student’s Pack, Ed. Richmond

9788466825405

4º E. Prim.

-

Licencia Snappet INICIO

9788494420535

 

Lengua Cast.

Lengua Castellana 4, Saber Hacer, Ed. Santillana

9788468029566

 

Lingua Galega

Lingua 4, Aprender é crecer en conexión, Ed. Anaya

9788467880137

 

Matemáticas

Matemáticas 4, Saber Hacer, Ed. Santillana

9788483056097

 

C. Sociais

Sociais 4, Aula activa, Ed. Vicens Vives

9788468228983

 

C. da Natureza

Naturais 4, Aula activa, Ed. VicensVives

9788468228433

 

Inglés

Wonder 4, Student’s Pack 4, Ed. Richmond

9788466817974

 

Castrillón-Coiro, 15  de xuño  de 2020

 

IMPORTANTE

Na relación de libros para o alumnado de 2º, 3º e 4º de E. Primaria figura unha Licencia SNAPPET. A librería xestionará este código ISBN como calquera dos outros que figuran na lista. As licencias serán enviadas directamente ao colexio a principios do mes de setembro por Snappet.

(*) As librarías de Cangas teñen copia da lista dos libros de texto.

 

 

Video conmemoración do día do medio ambiente 2020

Aquí tendes o video conmemorativo do día do medio ambiente. Ésta é unha actividade realizada polo alumnado de Castrillón Coiro.

Esperamos que vos guste.

 

Listaxe provisional de admitidos

INFORMACIÓN PROCESO DE ADMISIÓN NOVO ALUMNADO CURSO 2020/2021

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS

 

Estimadas familias:

Comunicámoslles que saíu publicada a listaxe provisional de alumnado admitido para o vindeiro curso 2020/2021. As listaxes están publicadas no taboleiro de anuncios situado na entrada de Educación Primaria.

TODO O ALUMNADO QUE SOLICITOU PRAZA PARA O VINDEIRO CURSO 2020/2021, TANTO EN EDUCACIÓN INFANTIL COMO EN EDUCACIÓN PRIMARIA RESULTOU ADMITIDO.

Recordámoslles que as listaxes definitivas publicaranse antes do día 25 de xuño.

Letras galegas 2020

Este curso 2019 -2020 non puidemos conmemorar as letras galegas como tódolos anos, pero o alumnado de Castrillón - Coiro sempre está disposto a colaborar. 
Este video é unha pequena homenaxe ás nosas letras.
Esperamos que vos guste.

 

Convocatoria axuda libros de texto e material escolar

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO e

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

NORMA

ORDE do 12 de maio de 2020 (DOG do 19 de maio de 2020)

Pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021.

CÓDIGO de PROCEDEMENTO: ED330B

 

DESTINATARIOS

 

 

Fondo solidario de libros de texto

3º e 4º de E. Primaria

Axudas para adquirir libros de texto 

1º e 2º de E. Primaria

Axudas para adquirir material escolar

Alumnado de E. Primaria

(De 1º a 6º)

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

PRAZO

Desde o 20 de maio ata o 19 de xuño (incluído)

FORMAS DE PRESENTACIÓN

Poderán presentar as solicitudes os pais, nais, titores/as ou representantes legais do alumnado.

A solicitude será ÚNICA para todos os fillos/as que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/2021.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, nos formularios normalizados Anexo I e Anexo II,dispoñibles na aplicación informática Fondolibros: https://www.edu.xunta.es/fondolibros

Unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude e, posteriormente, poderán optar polas seguintes formas de presentación:

    - Na Sede Electrónica (https://sede.xunta.gal): Para a presentación por esta vía poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

    - Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados) xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación).

 

Tamén temos á súa disposición os formularios de solicitude (Anexo I e Anexo II) en Secretaría para que poidan cubrilos e presentalos no centro. O horario de atención ao público na Secretaría do centro para este procedemento será de 10:00 a 14:00.

Alumnado

6º E.P.

O alumnado que está actualmente en 6º, poderá presentar a solicitude por vía electrónica ou no INSTITUTO onde vaia estar matriculado no curso 2020/2021.

 

  

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA

1.ANEXO I debidamente cuberto e asinado.

   2.ANEXO II (Autorización dos membros da unidade familiar distintos do solicitante para a comprobación de datos).

3.Copia do Libro de Familia onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. No caso en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación real a  31 de decembro de 2018, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

-Sentencia xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

-Certificado ou volante de convivencia.

-Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do Concello.

 

 4.Se fose o caso, certificado do Grao de Discapacidade do alumno/a ou de calquera membro da unidade familiar, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

 

RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR

Será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. Na declaración do IRPF do exercicio fiscal 2018, sumaranse o recadro 435 + o recadro 460 e dividirase o resultado entre o número de membros computables da unidade familiar a 31 de decembro de 2018.

Á hora de dividir computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez ou a equivalente de clases pasivas.

 

MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR

-Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, os titores do alumnado.

-Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados, ou os/as fillos/as en situación de tutela ou acollemento familiar permanente ou preadoptivo.

-Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente, sempre que estean suxeitos á patria potestade.

-Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

-Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común.

-A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación de afectividade análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/da alumno/a, agás nos casos de custodia compartida.

-Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles.

 

MEMBROS NON COMPUTABLES

Non terá a consideración de membro computable:

-A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

-O agresor nos casos de violencia de xénero.

 

CONTÍA DAS AXUDAS

 

Renta per cápita familiar

 

Menor ou igual a 6.000 €

Maior de 6.000 e

menor ou igual a 10.000 €

Menor ou igual a 6.000 €

 

LIBROS DE TEXTO

MATERIAL

1º e 2º de E. Primaria

210 €

140 €

 

50 €

3º e 4º de E. Primaria

Fondo: 6 libros (1)

Fondo: 4 libros (1)

5º e 6º de E. Primaria

Proxecto E-DIXGAL

Proxecto E-DIXGAL

 

    (1) 

O número de libros que se indica é o mínimo garantido, pero poderá incrementarse se houbera existencias suficientes no centro.

 

 

PUBLICACIÓN

Publicación de listaxes provisionais>

Ata o 10.07.2020

Reclamación ás listaxes provisionais>

2 días seguintes á publicación

Publicación das listaxes definitivas>

O 15.07.2020

As listaxes publicaranse única e exclusivamente no TABOLEIRO DE ANUNCIOS situado no porche da entrada de E. Primaria.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a chave 365 ou o certificado dixital da FNMT.

 

ENTREGA DE LIBROS E VALES

A entrega dos libros de texto do Fondo Solidario do curso 2020/2021 para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria realizarase no mes de SETEMBRO, xunto co documento de “ENTREGA” que terá a sinatura da persoa tiltular da dirección, o selo do centro e a sinatura do/da representante legal do alumnado, a quen se lle entregará unha copia.

 

A recollida dos VALES para adquirir libros de texto para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria e dos VALES para adquirir material escolar destinados ao alumnado matriculado en E. Primaria dependerá da evolución do Estado de Alarma. Informaremos proximamente.

 

Información importante para as familias

Tendo en conta as instrucións da Consellería de Educación publicadas o pasado 27 de abril de 2020, que recollen o establecido no Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, e na Orde do Ministerio de Educación EFP/365/2020, de 22 de abril, consideramos importante informar do seguinte:

O profesorado do centro revisou as programacións didácticas para adaptalas á situación actual, co obxectivo de centrar as actividades lectivas do 3º trimestre nas aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberían desenvolver os alumnos e alumnas.

A avaliación final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 2019/2020 considerará en conxunto as avaliacións de todo o curso. Terá en conta os dous primeiros trimestres de clases presenciais así como as actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que se desenvolvan durante o terceiro trimestre para favorecer a cualificación final do alumnado.

O traballo do terceiro trimestre servirá para recuperar as avaliacións pendentes ou mellorar a cualificación final. As materias non superadas da primeira e/ou segunda avaliación poderán recuperarse co traballo e as probas que se poidan facer durante o terceiro trimestre.

Os mestr@s que compoñen o equipo docente de cada nivel informarán ao alumnado e ás familias, ben directamente ou a través do titor ou titora do grupo, empregando diferentes sistemas de comunicación (plataforma EVA E-dixgal, aplicación Abalarmóbil, aplicación ToKapp School e aplicación ClassDojo) tanto das distintas actividades que deberán realizar durante este terceiro trimestre como da avaliación das aprendizaxes desenvolvidas a partir da suspensión das actividades lectivas presenciais, que será continua e valorará, sobre todo, o traballo realizado polos alumnos e alumnas.

Matrícula 2020-2021

RESTABLECEMENTO DO PRAZO DE ADMISIÓN

 

ACTUALIZACIÓN DO CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN para o CURSO 2020-2021 a causa do COVID-19

 

PRESENTACIÓN da solicitude de admisión (para o alumnado de NOVA INCORPORACIÓN ao centro)

Do 11 ao 18 de maio

PUBLICACIÓN das LISTAXES PROVISIONAIS do alumnado admitido e non admitido

Antes do 9 de xuño

PUBLICACIÓN das LISTAXES DEFINITIVAS do alumnado admitido e non admitido

Ata o 26 de xuño

 

O centro permanecerá ABERTO para a presentación presencial das solicitudes en HORARIO de 09:15 a 14:15.

ACONSÉLLASE pedir previamente CITA TELEFÓNICA nos seguintes teléfonos: 886110170 ou 886110172.

A solicitude de admisión do alumnado realizarase mediante o Formulario de Admisión que está a súa disposición na secretaría do centro. Este formulario tamén pode descargarse desde o seguinte enlace: Formulario en formato pdf

Unha vez descargado, deberá cumprimentarse de forma manual e presentarase no centro.

Tamén poderá realizarse a presentación telemática no mesmo prazo (do 11 ao 18 de maio) na aplicación Admisión alumnado. (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/)

 

 

Sorpresa

Para todo o alumnado con moito agarimo!!

 

Instrucións para uso da web

Debido a situación excepcional que estamos a vivir vémonos na obriga de ofrecer recursos e materiais dende tódalas especialidades e niveis. Dado a que esta situación estase a prolongar no tempo, consideramos que o modo máis sinxelo para presentarvos todo este material é clasificalo por niveis e especialidades. 

Na barra da dereita atoparedes os diferentes niveis e especialidades.

Na barra da esquerda, ademais da información relativa ao centro, tendes o apartado "Departamento de orientación". Tanto a orientadora como as mestras de Educación especial (Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica) están creando e subindo orientacións e recursos moi prácticos. 

No apartado de dinamización da lingua galega tendes moitos recursos para ler, traballar e medrar en galego.

Recomendacións da mestra de AL

 

Premendo no cuadradiño da dereita ábrese por completo a pantalla.

Se preferides podedes pinchar no seguinte enlace para visualizalo correctamente.

https://padlet.com/omeurecunchoal/y9oxgezshlag

 

Hecho con Padlet

Recomendacións a seguir durante a corentena - Departamento de Orientación

DECÁLOGO PARA FACER FRONTE AO COVID-19:
 
Dende o Departamento de Orientación do CEIP do Castrillón - Coiro, elaboramos un decálogo a seguir durante este período de confinamento, tanto para as familias como para alumnado e profesorado. 
Premede na seguinte imaxe e prestade atención, tedes moitas ideas e moitos enlaces para estar a punto durante a corentena. 
 
 
 

PLANIFICADORES: 

Neste período de confinamento, como xa dixemos, é aconsellable adoptar rutinas e planificar os nosos días. 

A realización diaria de actividades educativas terá que ser adecuada ás características dos nosos alumnos e fillos e é fundamental repartir estas ao longo da semana, deixando o fin de semana para actividades máis lúdicas e incluso tempo sen facer nada.

A continuación, deixámosvos una serie de planificadores para que poidades organizar perfectamente o voso día a día. Esperamos que vos sexan de axuda! (Pinchade nas imaxes para poder descargar o que máis vos guste):

 

  

 

APRENDER EN CASA:
 

Dende o luns 23 de marzo de 2020 comezouse a emitir un programa con contidos educativos en aberto para facilitar a aprendizaxe de todo o alumnado durante o estado de alarma. 

Para o alumnado de 6 a 12 anos, a canle será Clan TV co seguinte horario: 

 

 
 
MÁIS LECTURAS PARA TODOS E TODAS: 
 

Ademais, axuntámosvos máis lecturas para todos e todas. Trátase dunha serie de documentos con diferentes fichas de lectura con pequenas actividades de comprensión onde se traballan distintos valores organizadas por cursos. (Pinchade na imaxe en función do voso nivel e poderedes acceder):

 

       

 

MÁIS IDEAS PARA REALIZAR DURANTE A CUARENTENA: 
 

A maiores, na seguinte imaxe propoñémosvos algunhas actividades máis para facer durante as vindeiras semanas (pinchade sobre ela para ampliala):

 

 
PASATEMPOS:
 

Dende o Departamento de Orientación do CEIP do Castrillón - Coiro, queremos axudar tanto ao alumnado, como ao profesorado e ás familias en todo o que poidamos  para pasar da mellor forma posible o período de confinamento e, por iso, elaboramos este documento cuns cantos xogos e pasatempos para que quedar na casa sexa un pouco máis divertido. (Pincha na imaxe para descargalo):

 
 
 
 
Un saúdo e moito ánimo a todos!!!
Departamento de Orientación. 
Distribuir contido