Convocatoria axuda libros de texto e material escolar
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO e
AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
NORMA |
ORDE do 12 de maio de 2020 (DOG do 19 de maio de 2020) |
Pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021. |
|
CÓDIGO de PROCEDEMENTO: ED330B |
DESTINATARIOS |
|
|
Fondo solidario de libros de texto |
3º e 4º de E. Primaria |
|
Axudas para adquirir libros de texto |
1º e 2º de E. Primaria |
|
Axudas para adquirir material escolar |
Alumnado de E. Primaria (De 1º a 6º) |
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
|
PRAZO |
Desde o 20 de maio ata o 19 de xuño (incluído) |
FORMAS DE PRESENTACIÓN |
Poderán presentar as solicitudes os pais, nais, titores/as ou representantes legais do alumnado. |
A solicitude será ÚNICA para todos os fillos/as que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/2021. |
|
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, nos formularios normalizados Anexo I e Anexo II,dispoñibles na aplicación informática Fondolibros: https://www.edu.xunta.es/fondolibros |
|
Unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude e, posteriormente, poderán optar polas seguintes formas de presentación:
- Na Sede Electrónica (https://sede.xunta.gal): Para a presentación por esta vía poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)
- Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados) xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación).
Tamén temos á súa disposición os formularios de solicitude (Anexo I e Anexo II) en Secretaría para que poidan cubrilos e presentalos no centro. O horario de atención ao público na Secretaría do centro para este procedemento será de 10:00 a 14:00. |
|
Alumnado 6º E.P. |
O alumnado que está actualmente en 6º, poderá presentar a solicitude por vía electrónica ou no INSTITUTO onde vaia estar matriculado no curso 2020/2021. |
DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA |
1.ANEXO I debidamente cuberto e asinado. 2.ANEXO II (Autorización dos membros da unidade familiar distintos do solicitante para a comprobación de datos). 3.Copia do Libro de Familia onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. No caso en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación real a 31 de decembro de 2018, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios: -Sentencia xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor. -Certificado ou volante de convivencia. -Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do Concello.
4.Se fose o caso, certificado do Grao de Discapacidade do alumno/a ou de calquera membro da unidade familiar, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia. |
RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR |
Será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. Na declaración do IRPF do exercicio fiscal 2018, sumaranse o recadro 435 + o recadro 460 e dividirase o resultado entre o número de membros computables da unidade familiar a 31 de decembro de 2018. Á hora de dividir computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez ou a equivalente de clases pasivas. |
MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR |
-Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, os titores do alumnado. -Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados, ou os/as fillos/as en situación de tutela ou acollemento familiar permanente ou preadoptivo. -Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente, sempre que estean suxeitos á patria potestade. -Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar. -Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común. -A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación de afectividade análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/da alumno/a, agás nos casos de custodia compartida. -Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles. |
MEMBROS NON COMPUTABLES |
Non terá a consideración de membro computable: -A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida. -O agresor nos casos de violencia de xénero. |
CONTÍA DAS AXUDAS |
|||
|
Renta per cápita familiar |
||
|
Menor ou igual a 6.000 € |
Maior de 6.000 e menor ou igual a 10.000 € |
Menor ou igual a 6.000 € |
|
LIBROS DE TEXTO |
MATERIAL |
|
1º e 2º de E. Primaria |
210 € |
140 € |
50 € |
3º e 4º de E. Primaria |
Fondo: 6 libros (1) |
Fondo: 4 libros (1) |
|
5º e 6º de E. Primaria |
Proxecto E-DIXGAL |
Proxecto E-DIXGAL |
|
|
(1) O número de libros que se indica é o mínimo garantido, pero poderá incrementarse se houbera existencias suficientes no centro. |
PUBLICACIÓN |
|
Publicación de listaxes provisionais> |
Ata o 10.07.2020 |
Reclamación ás listaxes provisionais> |
2 días seguintes á publicación |
Publicación das listaxes definitivas> |
O 15.07.2020 |
As listaxes publicaranse única e exclusivamente no TABOLEIRO DE ANUNCIOS situado no porche da entrada de E. Primaria. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a chave 365 ou o certificado dixital da FNMT. |
ENTREGA DE LIBROS E VALES |
A entrega dos libros de texto do Fondo Solidario do curso 2020/2021 para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria realizarase no mes de SETEMBRO, xunto co documento de “ENTREGA” que terá a sinatura da persoa tiltular da dirección, o selo do centro e a sinatura do/da representante legal do alumnado, a quen se lle entregará unha copia.
A recollida dos VALES para adquirir libros de texto para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria e dos VALES para adquirir material escolar destinados ao alumnado matriculado en E. Primaria dependerá da evolución do Estado de Alarma. Informaremos proximamente. |