Orientación educativa
Mediación Escolar
Mediación Escolar
Xa temos o noso grupo de MEDIACIÓN no noso centro CEIPP CASTRILLÓN- COIRO.
A mediación Escolar, podemos dicir que é unha estratexia de resolución pacífica na que se ofrece a persoas cun conflito sentar xuntas voluntariamente cunha terceira parte neutral, o mediador ou mediadora, para falar do seu problema e tentar chegar a un acordo dunha forma positiva e colaborativa. A Mediación axuda a conseguir un clima escolar máis pacífico e produtivo, onde se reduce o número de sancións e descende o fracaso escolar e onde se preveñen conflitos de bullying ou ciberbullying. Ademais, a xestión da convivencia vólvese participativa e cooperativa, e onde persoas en conflito deciden cales son as mellores solucións axudadas polos mediadores escolares.
O discurso do odio.
É necesario incorporar a aprendizaxe socioemocional para combater o discurso de odio nos centros educativos, informe da UNESCO. É posible ensinar e aprender estratexias para facer fronte ao discurso de odio e rexeitalo. A educación pode ser un instrumento moi eficaz para abordar o discurso de odio desde a súa raíz”. Así o establece o documento publicado pola UNESCO, que leva por título Afrontar o discurso de odio: respostas educativas. O discurso de odio, cuxa incidencia se viu agravada nos últimos anos a nivel mundial, é especialmente agresivo na internet e ten consecuencias moi negativas no comportamento da sociedade, acompañándose dun aumento das agresións cara a determinados grupos da poboación. Trátase dun fenómeno complexo e multifacético, que require unha resposta multidisciplinar, na que se inclúa aos sistemas educativos. Segundo sinalan os expertos, os centros educativos xogan un papel central na vida dos mozos e as súas familias e poden erixirse como promotores de cohesión social entre a poboación. “As escolas deben ser un exemplo dos principios que promoven e deben facilitar o respecto, a transparencia e a participación na toma de decisións e fomentar a non violencia e a igualdade de xénero”, indica o documento. No texto analízanse os desafíos e vantaxes que supón implantar estratexias fronte ao discurso de odio nos contextos educativos e ofrécense recomendacións para establecer medidas nesta dirección. Conseguir que os alumnos de todas as idades aumenten a súa concienciación sobre as repercusións do odio e adquiran coñecementos, aptitudes e confianza para converterse en defensores activos de sociedades máis pacíficas, tolerantes, inclusivas, seguras e sostibles exponse como algúns dos obxectivos para incorporar nos centros educativos. Entre as medidas que se recomendan para lograr a implementación de estratexias para previr a violencia entre os mozos, sinalanse as seguintes: • Fomentar a educación para a cidadanía mundial e crear máis conciencia sobre os dereitos humanos e as responsabilidades civís. Neste sentido, é fundamental que os alumnos e alumnos desenvolvan habilidades para analizar en profundidade as causas e motivacións das persoas que difunden discursos de odio, así como para saber resistirse fronte a “a simplicidade e o atractivo das retóricas baseadas no medo e o odio". • Comprender as causas e as consecuencias do discurso de odio. • Incorporar múltiples perspectivas e promover o pluralismo e o pensamento crítico para contrarrestar o odio e os prexuízos. • Fomentar a equidade e a inclusión social mediante a aprendizaxe social e emocional. A este respecto, demostrouse que “o desenvolvemento das competencias emocionais vinculadas á regulación da atención mediante a conciencia plena e a resiliencia emocional regula e reduce a agresión e a violencia, e promove un comportamento pacífico e prosocial. Ao mesmo tempo, o desenvolvemento de competencias sociais como a empatía, a cooperación e as aptitudes de solución de conflitos pode axudar a establecer e manter relacións interpersoais de apoio e capacitar aos mozos para promover a xustiza social e a equidade”. • Promover a alfabetización mediática e informacional e a educación para a cidadanía dixital a fin de facer fronte ao discurso de odio en liña. • Fortalecer as capacidades dos educadores para afrontar o discurso de odio e as súas causas profundas. • Reforzar as escolas como centros de cohesión social. • Apoiar os programas comunitarios e a participación dos mozos, tanto en liña como fóra dela.
|
RECURSOS PARA A PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR
Desde o Departamento de orientación elaborouse un documento onde se recollen algúns recursos que poden resultar interesantes para traballar a prevención do acoso escolar.
Nel atoparedes bibliografía, curtametraxes e dinámicas que pretenden fometar o respecto, o traballo en equipo e a tolerancia.
Esperamos que sexa da vosa axuda.
Recomendacións a seguir durante a corentena - Departamento de Orientación
PLANIFICADORES:
Neste período de confinamento, como xa dixemos, é aconsellable adoptar rutinas e planificar os nosos días.
A realización diaria de actividades educativas terá que ser adecuada ás características dos nosos alumnos e fillos e é fundamental repartir estas ao longo da semana, deixando o fin de semana para actividades máis lúdicas e incluso tempo sen facer nada.
A continuación, deixámosvos una serie de planificadores para que poidades organizar perfectamente o voso día a día. Esperamos que vos sexan de axuda! (Pinchade nas imaxes para poder descargar o que máis vos guste):
Dende o luns 23 de marzo de 2020 comezouse a emitir un programa con contidos educativos en aberto para facilitar a aprendizaxe de todo o alumnado durante o estado de alarma.
Para o alumnado de 6 a 12 anos, a canle será Clan TV co seguinte horario:
Ademais, axuntámosvos máis lecturas para todos e todas. Trátase dunha serie de documentos con diferentes fichas de lectura con pequenas actividades de comprensión onde se traballan distintos valores organizadas por cursos. (Pinchade na imaxe en función do voso nivel e poderedes acceder):
A maiores, na seguinte imaxe propoñémosvos algunhas actividades máis para facer durante as vindeiras semanas (pinchade sobre ela para ampliala):
Dende o Departamento de Orientación do CEIP do Castrillón - Coiro, queremos axudar tanto ao alumnado, como ao profesorado e ás familias en todo o que poidamos para pasar da mellor forma posible o período de confinamento e, por iso, elaboramos este documento cuns cantos xogos e pasatempos para que quedar na casa sexa un pouco máis divertido. (Pincha na imaxe para descargalo):
A maiores, enlazamos máis páxinas web con diferentes xogos para realizar en familia:
Orientación educativa
A Orientación Educativa é un conxunto de actividades dirixidas aos alumnos, pais e profesores para axudarlles no desenvolvemento das súas tarefas dentro do ámbito específico dos centros escolares. BLOG DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN |
Programación Anual do Departamento de Orientación
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
1.- Obxectivos xerais
- Contribuir á personalización da educación, favorecendo o desenvolvemento de tódolos aspectos da persoa e contribuíndo a unha educación individualizada referida a persoas concretas, coas súas aptitudes e intereses diferenciados.
- Axustar a resposta educativa ás necesidades particulares do alumnado, mediante as oportunas adaptacións curriculares e metodolóxicas.
- Resaltar os aspectos orientadores da educación, atendendo ao contexto real no que viven os alumnos, ao futuro que lles espera e favorecendo a adquisición de aprendizaxes máis funcionais, mellor conectados co contorno, de xeito que a escola aporte relamente unha “educación para a vida”.
- Favorecer os procesos de madurez persoal, de desenvolvemento da propia identidade e do sistema de valores.
- Previr as dificultades de aprendizaxe e non só asistir as que xa se teñan producido, evitando na medida do posible o fracaso e a inadaptación escolar.
- Contribuir á adecuada relación e interacción entre os distintos integrantes da comunidade educativa: profesorado, alumnado e familias, así como co contorno social do centro.
PROGRAMACIÓN ANUAL - ORIENTACIÓN
PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Este Plan Anual de Actividades do Departamento de Orientación xorde a partir do Plan de Orientación, e supón unha temporalización por trimestres das actuacións que nos permitirán acadar os diferentes obxectivos establecidos. Isto non supón unha atadura estrita senón que tratamos de dar continuidade ás actuacións do departamento ó longo do presente curso escolar.
1.- Obxectivos xerais
1. Contribuír á personalización da educación, favorecendo o desenvolvemento de tódolos aspectos da persoa e contribuíndo a unha educación individualizada referida a persoas concretas, coas súas aptitudes e intereses.
2. Resaltar os aspectos orientadores da educación, atendendo ao contexto real no que viven os alumnos, ao futuro que lles espera e favorecendo a adquisición de aprendizaxes máis funcionais, mellor conectados co contorno, de xeito que a escola aporte realmente unha “educación para a vida”.es diferenciados.
3. Axustar a resposta educativa ás necesidades particulares do alumnado, mediante as oportunas adaptacións curriculares e metodolóxicas.
4. Contribuír á adecuada relación e interacción dos distintos integrantes da comunidade educativa: profesorado, alumnado e familias, así como co contorno social do centro.
5. Favorecer os procesos de madurez persoal, de desenvolvemento da propia identidade e do sistema de valores.
6. Previr as dificultades de aprendizaxe e non só asistir as que xa se teñan producido, evitando na medida do posible o fracaso e a inadaptación escolar.
TEMPORALIZACIÓN DAS ACTUACIÓNS
Organización do propio Departamento de Orientación
ACTUACIÓNS |
Actualización dos arquivos e informes do departamento. |
Dar a coñecer a todo o alumnado e ás familias á nova orientadora. |
Revisión e modificación do Plan de Orientación. |
Elaboración e aprobación do Plan Anual de Actividades do Departamento. |
Elaboración e aprobación do Plan de Atención á Diversidade. |
Creación de material informativo para implementar o coñecemento das funcións e tarefas do departamento a través de internet e, a ser posible, dun boletín informativo ás familias |
Realizar unha avaliación inicial do departamento. |
Elaboración de material para dar información de interese para o alumnado ou para a comunidade educativa en xeral. |
Seguimento e valoración mensual do desenvolvemento do Plan Anual de Actividades do Departamento. |
Asistir e participar nas reunións co orientador do IES e do CEIP A Rúa. |
Asistir e participar nas posibles reunións cos orientadores do entorno. |
Cursos de formación dos membros do Departamento. |
Inscrición en boletíns, revistas… de información para o departamento. |
Colaborar co Observatorio de Convivencia na execución do seu plan de traballo anual. |
Colaborar na elaboración e confección da revista escolar do centro A Gamela. |
Colaborar coa ANPA nas actividades formativas específicas, procurando que a Escola de Nais e Pais desenvolva as súas actividades no noso centro. |
Promover algunha acción formativa específica coas nais e pais de alumnos, en colaboración coa ANPA, para abordar cuestións de actualidade educativa e de atención á infancia. |
Atención ás demandas de asesoramento psicopedagóxico realizadas polas familias e o profesorado. |
Elaboración e aprobación da memoria final do plan de actividades. |
Plan de Atención á diversidade
ACTUACIÓNS |
Colaboración na organización da aula de apoio e na integración do alumnado inmigrante. |
Avaliación psicopedagóxica preventiva do conxunto do alumnado, para axudar aos titores na detección de necesidades educativas especiais. No segundo trimestre levaranse a cabo unhas probas xerais de capacidades en 2º, 4º e 6º de Primaria. |
Colaborar na avaliación inicial do alumnado. |
Realizar unha proba para a detección de “ollo vago” co alumnado de 6º de Educación Infantil no primeiro trimestre. |
Colaboración na elaboración, revisión e avaliación das adaptacións curriculares. |
Seguimento do novo alumnado, repetidores e con dificultades. |
Continuar co programa de adaptación ao centro do alumnado que se incorporará ao primeiro curso de Educación Infantil, que se levaría a cabo no terceiro trimestre. |
Mellorar nas dotacións do departamento, no referente a materiais de apoio, probas diagnósticas, bibliografía. |
Colaboración cos Servizos Sociais do concello prestando especial atención ao seguimento do alumnado que acode ao servizo municipal de estimulación e ao alumnado de familias en situación de risco social. |
Plan de Acción Titorial: PAT
ACTUACIÓNS |
Ampliar e mellorar as accións propostas no PAT |
Proporcionar a todos os titores que o demanden ao comezo do curso información relevante dos alumnos de nova incorporación. |
Dinamizar o Plan de Convivencia para o noso centro . |
Fomentar as responsabilidades no alumnado dentro de cada grupo mediante fórmulas como a elección de delegado, “responsable de…”, etc. |
Fomentar a posta en práctica do Plan de Acollida do alumnado . |
Realizar charlas sobre temáticas que sexan de interese para o noso alumnado e que fomenten actitudes axeitadas . |
Atender individualizadamente as demandas dos titores. |
Colaborar na identificación de necesidades formativas dos titores para propoñer cursos de formación. |
Participar cos titores na solución de conflitos que xurdan no seu grupo poñendo en marcha procesos de diagnóstico e tratamento . |
Participar nas reunións de coordinación titorial. |
Colaborar co equipo directivo e cos titores no diagnóstico, tratamento e seguimento dos casos de especial gravidade que se poidan producir: conduta, absentismo… |
Atender ás demandas de asesoramento e axuda que plantexen individualmente os alumnos, ben directamente ou indirectamente a través dos pais ou titores ou por propia iniciativa do Departamento |
Facilitar información sobre actividades culturais e de lecer que se desenvolvan no entorno. |
Intervención directa nas actividades de titoría grupal cando a temática ou as circunstancias o demanden. |
Colaborar na organización e desenvolvemento das reunións de pais que se convoquen. |
Elaborar a memoria final do PAT coa colaboración do Xefe de Estudos e titores, coas propostas de modificacións. |
Avanzar na confección dun programa de acción titorial, partindo do modelo que se confeccionou o ano pasado. |
Colaborar coa Comisión de Avaliación Diagnóstica, tanto na execución das probas de avaliación como na preparación do alumnado para a realización das mesmas. |
Colaboración coas titorías na organización, desenvolvemento e avaliación do reforzo educativo. Coa experiencia dos cursos pasados proponse establecer o programa de reforzo educativo tras a avaliación inicial no conxunto dos cursos de primaria, unha vez cumprimentada a petición por parte do titor e tendo en conta a dispoñibilidade de profesorado. |
Plan de Atención ao Proceso de Ensino-Aprendizaxe: PAPEA
ACTUACIÓNS |
Colaborar na avaliación inicial do alumnado de novo ingreso. |
Propoñer criterios e procedementos para a organización de actividades de reforzo e apoio dirixidas ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo: alumnado con necesidades educativas especiais, con dificultades de aprendizaxe, con historia persoal ou escolar desfavorecida, con altas capacidades intelectuais ou alumnado de incorporación tardía. |
Realizar as avaliacións psicopedagóxicas coa colaboración do profesorado. |
Formular propostas para a mellora da coordinación no tratamento de problemas de convivencia (Plan de Convivencia), estudio, relacións… |
Aplicación da avaliación formativa, continua e criterial respecto ó proceso de E-A. |
Colaborar nas medidas tomadas para incrementar os hábitos de estudo, as técnicas de traballo intelectual e estratexias de aprendizaxe. |
Apoio na elaboración e desenvolvemento das ACS por parte do profesorado de cada área. |
Colaborar na elaboración dos informes do alumnado que cambie de centro. |
Participar nas sesións de avaliación dos grupos de alumnos facendo fincapé na normativa vixente sobre avaliación. |
Atención e seguimento dos grupos de risco (non promocionaron, familias desestruturadas ou con escasos recursos…). |
Facilitar información ao profesorado titor sobre o alumnado obxecto de apoio fóra da aula. |
Facilitación de información relevante ás familias sobre a avaliación psicopedagóxica e orientacións sobre as dificultades identificadas, os apoios establecidos e os progresos dos seus fillos. |
Elaborar materiais específicos para nenos e nenas con ACS para os distintos niveis educativos. |
Facilitar o tránsito da etapa de infantil á de primaria e da etapa de primaria á de secundaria. |
Elaborar o informe de final de curso do alumnado obxecto de apoio. |
Accións formativas específicas do profesorado en materias tales como a atención á diversidade, comezado cunha sobre TDAH. |
Continuidade do programa de coordinación entre os centros de primaria de Castrillón e A Rúa co IES Rodeira. |
Colaborar no tema núcleo que o centro decidiu para o presente curso escolar, centrado nos museos e grandes cidades. |
Plan de Orientación Académica: POA
ACTUACIÓNS |
Presentar ao inicio do curso os eixos básicos do POA e as liñas xerais de actuación. |
Crear un recurso en internet ao Departamento de Orientación no que se proporcione información sobre orientación académica. |
Establecer eixos básicos do que será o Plan de Preparación para a ESO. |
Reunións puntuais co equipo directivo para coordinar e dinamizar as actuacións e iniciativas que se tomen no ámbito da orientación. |
Coordinación co Departamento de Orientación do IES “Rodeira” do proceso orientador do alumnado do 6º curso: cuestionario previo de avaliación, charlas informativas, visita ao IES… |
Colaborar cos titores na orientación personalizada, especialmente nos casos de alumnos en situación de desvantaxe socio-educativo |
Actualización permanente dos taboleiros de anuncios con información actualizada sobre orientación académica. |
Atención directa ás demandas de alumnos e pais relacionadas coa orientación. |
Elaboración de información a proporcionar aos pais sobre aspectos relevantes en relación coa orientación, por exemplo, sobre a etapa secundaria ou outros ámbitos. |
Colaborar con recursos externos ó centro que incidan de forma directa ou indirecta no proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado (Equipo de Orientación Específico, fundación Menela, servizos sociais, equipos de atención temperá…). |
Realización de actividades de coñecemento de si mesmos, que permitan ao alumnado de 6º de Primaria ser conscientes das súas posibilidades e limitacións. |
Colaborar co equipo directivo e titores na organización da visita ao Instituto de Educación Secundaria. |
Elaborar a memoria final do POA e propoñer as modificacións consecuentes. |
Posta en marcha do programa de transición do alumnado de Educación Infantil á Educación Primaria, con actuacións específicas co alumnado, o profesorado e as familias. |
41 AVALIACIÓN DOS PLANS
Levaremos a cabo un seguimento continuo das actuacións co fin de valorar o grado de consecución dos obxectivos establecidos no noso Plan de Orientación e, en definitiva, co obxecto de mellorar as intervencións no ámbito da orientación.