PROGRAMACIÓN ANUAL - ORIENTACIÓN
PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Este Plan Anual de Actividades do Departamento de Orientación xorde a partir do Plan de Orientación, e supón unha temporalización por trimestres das actuacións que nos permitirán acadar os diferentes obxectivos establecidos. Isto non supón unha atadura estrita senón que tratamos de dar continuidade ás actuacións do departamento ó longo do presente curso escolar.
1.- Obxectivos xerais
1. Contribuír á personalización da educación, favorecendo o desenvolvemento de tódolos aspectos da persoa e contribuíndo a unha educación individualizada referida a persoas concretas, coas súas aptitudes e intereses.
2. Resaltar os aspectos orientadores da educación, atendendo ao contexto real no que viven os alumnos, ao futuro que lles espera e favorecendo a adquisición de aprendizaxes máis funcionais, mellor conectados co contorno, de xeito que a escola aporte realmente unha “educación para a vida”.es diferenciados.
3. Axustar a resposta educativa ás necesidades particulares do alumnado, mediante as oportunas adaptacións curriculares e metodolóxicas.
4. Contribuír á adecuada relación e interacción dos distintos integrantes da comunidade educativa: profesorado, alumnado e familias, así como co contorno social do centro.
5. Favorecer os procesos de madurez persoal, de desenvolvemento da propia identidade e do sistema de valores.
6. Previr as dificultades de aprendizaxe e non só asistir as que xa se teñan producido, evitando na medida do posible o fracaso e a inadaptación escolar.
TEMPORALIZACIÓN DAS ACTUACIÓNS
Organización do propio Departamento de Orientación
ACTUACIÓNS |
Actualización dos arquivos e informes do departamento. |
Dar a coñecer a todo o alumnado e ás familias á nova orientadora. |
Revisión e modificación do Plan de Orientación. |
Elaboración e aprobación do Plan Anual de Actividades do Departamento. |
Elaboración e aprobación do Plan de Atención á Diversidade. |
Creación de material informativo para implementar o coñecemento das funcións e tarefas do departamento a través de internet e, a ser posible, dun boletín informativo ás familias |
Realizar unha avaliación inicial do departamento. |
Elaboración de material para dar información de interese para o alumnado ou para a comunidade educativa en xeral. |
Seguimento e valoración mensual do desenvolvemento do Plan Anual de Actividades do Departamento. |
Asistir e participar nas reunións co orientador do IES e do CEIP A Rúa. |
Asistir e participar nas posibles reunións cos orientadores do entorno. |
Cursos de formación dos membros do Departamento. |
Inscrición en boletíns, revistas… de información para o departamento. |
Colaborar co Observatorio de Convivencia na execución do seu plan de traballo anual. |
Colaborar na elaboración e confección da revista escolar do centro A Gamela. |
Colaborar coa ANPA nas actividades formativas específicas, procurando que a Escola de Nais e Pais desenvolva as súas actividades no noso centro. |
Promover algunha acción formativa específica coas nais e pais de alumnos, en colaboración coa ANPA, para abordar cuestións de actualidade educativa e de atención á infancia. |
Atención ás demandas de asesoramento psicopedagóxico realizadas polas familias e o profesorado. |
Elaboración e aprobación da memoria final do plan de actividades. |
Plan de Atención á diversidade
ACTUACIÓNS |
Colaboración na organización da aula de apoio e na integración do alumnado inmigrante. |
Avaliación psicopedagóxica preventiva do conxunto do alumnado, para axudar aos titores na detección de necesidades educativas especiais. No segundo trimestre levaranse a cabo unhas probas xerais de capacidades en 2º, 4º e 6º de Primaria. |
Colaborar na avaliación inicial do alumnado. |
Realizar unha proba para a detección de “ollo vago” co alumnado de 6º de Educación Infantil no primeiro trimestre. |
Colaboración na elaboración, revisión e avaliación das adaptacións curriculares. |
Seguimento do novo alumnado, repetidores e con dificultades. |
Continuar co programa de adaptación ao centro do alumnado que se incorporará ao primeiro curso de Educación Infantil, que se levaría a cabo no terceiro trimestre. |
Mellorar nas dotacións do departamento, no referente a materiais de apoio, probas diagnósticas, bibliografía. |
Colaboración cos Servizos Sociais do concello prestando especial atención ao seguimento do alumnado que acode ao servizo municipal de estimulación e ao alumnado de familias en situación de risco social. |
Plan de Acción Titorial: PAT
ACTUACIÓNS |
Ampliar e mellorar as accións propostas no PAT |
Proporcionar a todos os titores que o demanden ao comezo do curso información relevante dos alumnos de nova incorporación. |
Dinamizar o Plan de Convivencia para o noso centro . |
Fomentar as responsabilidades no alumnado dentro de cada grupo mediante fórmulas como a elección de delegado, “responsable de…”, etc. |
Fomentar a posta en práctica do Plan de Acollida do alumnado . |
Realizar charlas sobre temáticas que sexan de interese para o noso alumnado e que fomenten actitudes axeitadas . |
Atender individualizadamente as demandas dos titores. |
Colaborar na identificación de necesidades formativas dos titores para propoñer cursos de formación. |
Participar cos titores na solución de conflitos que xurdan no seu grupo poñendo en marcha procesos de diagnóstico e tratamento . |
Participar nas reunións de coordinación titorial. |
Colaborar co equipo directivo e cos titores no diagnóstico, tratamento e seguimento dos casos de especial gravidade que se poidan producir: conduta, absentismo… |
Atender ás demandas de asesoramento e axuda que plantexen individualmente os alumnos, ben directamente ou indirectamente a través dos pais ou titores ou por propia iniciativa do Departamento |
Facilitar información sobre actividades culturais e de lecer que se desenvolvan no entorno. |
Intervención directa nas actividades de titoría grupal cando a temática ou as circunstancias o demanden. |
Colaborar na organización e desenvolvemento das reunións de pais que se convoquen. |
Elaborar a memoria final do PAT coa colaboración do Xefe de Estudos e titores, coas propostas de modificacións. |
Avanzar na confección dun programa de acción titorial, partindo do modelo que se confeccionou o ano pasado. |
Colaborar coa Comisión de Avaliación Diagnóstica, tanto na execución das probas de avaliación como na preparación do alumnado para a realización das mesmas. |
Colaboración coas titorías na organización, desenvolvemento e avaliación do reforzo educativo. Coa experiencia dos cursos pasados proponse establecer o programa de reforzo educativo tras a avaliación inicial no conxunto dos cursos de primaria, unha vez cumprimentada a petición por parte do titor e tendo en conta a dispoñibilidade de profesorado. |
Plan de Atención ao Proceso de Ensino-Aprendizaxe: PAPEA
ACTUACIÓNS |
Colaborar na avaliación inicial do alumnado de novo ingreso. |
Propoñer criterios e procedementos para a organización de actividades de reforzo e apoio dirixidas ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo: alumnado con necesidades educativas especiais, con dificultades de aprendizaxe, con historia persoal ou escolar desfavorecida, con altas capacidades intelectuais ou alumnado de incorporación tardía. |
Realizar as avaliacións psicopedagóxicas coa colaboración do profesorado. |
Formular propostas para a mellora da coordinación no tratamento de problemas de convivencia (Plan de Convivencia), estudio, relacións… |
Aplicación da avaliación formativa, continua e criterial respecto ó proceso de E-A. |
Colaborar nas medidas tomadas para incrementar os hábitos de estudo, as técnicas de traballo intelectual e estratexias de aprendizaxe. |
Apoio na elaboración e desenvolvemento das ACS por parte do profesorado de cada área. |
Colaborar na elaboración dos informes do alumnado que cambie de centro. |
Participar nas sesións de avaliación dos grupos de alumnos facendo fincapé na normativa vixente sobre avaliación. |
Atención e seguimento dos grupos de risco (non promocionaron, familias desestruturadas ou con escasos recursos…). |
Facilitar información ao profesorado titor sobre o alumnado obxecto de apoio fóra da aula. |
Facilitación de información relevante ás familias sobre a avaliación psicopedagóxica e orientacións sobre as dificultades identificadas, os apoios establecidos e os progresos dos seus fillos. |
Elaborar materiais específicos para nenos e nenas con ACS para os distintos niveis educativos. |
Facilitar o tránsito da etapa de infantil á de primaria e da etapa de primaria á de secundaria. |
Elaborar o informe de final de curso do alumnado obxecto de apoio. |
Accións formativas específicas do profesorado en materias tales como a atención á diversidade, comezado cunha sobre TDAH. |
Continuidade do programa de coordinación entre os centros de primaria de Castrillón e A Rúa co IES Rodeira. |
Colaborar no tema núcleo que o centro decidiu para o presente curso escolar, centrado nos museos e grandes cidades. |
Plan de Orientación Académica: POA
ACTUACIÓNS |
Presentar ao inicio do curso os eixos básicos do POA e as liñas xerais de actuación. |
Crear un recurso en internet ao Departamento de Orientación no que se proporcione información sobre orientación académica. |
Establecer eixos básicos do que será o Plan de Preparación para a ESO. |
Reunións puntuais co equipo directivo para coordinar e dinamizar as actuacións e iniciativas que se tomen no ámbito da orientación. |
Coordinación co Departamento de Orientación do IES “Rodeira” do proceso orientador do alumnado do 6º curso: cuestionario previo de avaliación, charlas informativas, visita ao IES… |
Colaborar cos titores na orientación personalizada, especialmente nos casos de alumnos en situación de desvantaxe socio-educativo |
Actualización permanente dos taboleiros de anuncios con información actualizada sobre orientación académica. |
Atención directa ás demandas de alumnos e pais relacionadas coa orientación. |
Elaboración de información a proporcionar aos pais sobre aspectos relevantes en relación coa orientación, por exemplo, sobre a etapa secundaria ou outros ámbitos. |
Colaborar con recursos externos ó centro que incidan de forma directa ou indirecta no proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado (Equipo de Orientación Específico, fundación Menela, servizos sociais, equipos de atención temperá…). |
Realización de actividades de coñecemento de si mesmos, que permitan ao alumnado de 6º de Primaria ser conscientes das súas posibilidades e limitacións. |
Colaborar co equipo directivo e titores na organización da visita ao Instituto de Educación Secundaria. |
Elaborar a memoria final do POA e propoñer as modificacións consecuentes. |
Posta en marcha do programa de transición do alumnado de Educación Infantil á Educación Primaria, con actuacións específicas co alumnado, o profesorado e as familias. |
41 AVALIACIÓN DOS PLANS
Levaremos a cabo un seguimento continuo das actuacións co fin de valorar o grado de consecución dos obxectivos establecidos no noso Plan de Orientación e, en definitiva, co obxecto de mellorar as intervencións no ámbito da orientación.