Saltar navegación.
Inicio

Informacións varias

  • Material de traballo:

Para os primeiros días de clase, bastará con que os nenos e as nenas traian un bolígrafo ou lapis para escribir.

É preferible traer todo o material xunto, co nome do alumno/a e metido na caixa.

Os libros de texto deberán estar forrados, co seu nome na portada. Os que sexan entregados no propio Centro, terán que levalos a casa para poñerlles o forro e o nome.

  • Declaración responsable:

Nas próximas horas estará dispoñible na web do Centro unha declaración responsable que teredes que descargar, cubrir e entregar por medio dos vosos fillos e fillas. Este documento é obrigatorio e necesario para garantir a seguridade de toda a comunidade educativa.

  • Saída do alumnado en horario lectivo:

No caso de ter que saír do Centro dentro do horario lectivo, as familias deberán informar ao titor/a a través dun correo electrónico ou da axenda escolar e indicar o motivo da saída.

 

 

Queremos recalcar a importancia de cumplir as normas do protocolo do Centro que estará á vosa disposición na páxina web. Este ano, máis que nunca, debemos respectar os horarios de entrada e recollida do alumnado para evitar aglomeracións.

 

Grazas pola vosa atención.

 

As titoras/es de 3º e 4º.

Distribuir contido