Saltar navegación.
Inicio

Saída O Grove

A través desta páxina farémosvos partícipes da nosa saída a través da publicación de fotografías sobre as actividades levadas a cabo.

 

Durante este primeiro día estivemos coñecendo as instalacións do camping e o persoal que traballa nel. Pola tarde, gozamos dunha actividade de bodyboard na praia da Lanzada.

 

 

Neste segundo día de saída aproveitamos o tempo ó máximo. Pola mañá estivemos facendo xogos na praia para despois descubrir de primeira man os seres vivos que forman o ecosistema da areal. Pola tarde realizamos xogos cooperativos, así como as fases dun "ecoparque".

 

 

 

Chegamos ó ecuador da semana pero seguimos coas pilas totalmente cargadas. Neste terceiro día de saída construimos cabanas con elementos naturais durante a mañá, mentres que pola tarde subimos ó máis alto do rocódromo para despois seguir coa tirolina, quedando aínda por diante a nosa terceira velada.

 

 

Pola mañá do cuarto día da saída o alumnado volveu desfrutar do bo tempo e da praia, combinando paseos en kayak como actividades de snorkel. Durante a tarde, volveron realizar xogos cooperativo e o uso da tirolina. Por último, tamén xogaron ó trivial por equipos, onde o equipo do profesorado perdeu con dignidade.

 

Para rematar a nosa saída, despedimos O Grove cunha actvidade na praia de Paddle Surf. A tarde aproveitarémola con xogos dentro do campamento e coa recollida de enseres persoais.

SAÍDA EMBALSE PONTILLÓN DO CASTRO

Durante a mañá de hoxe o alumnado de 6º de E. Primaria estivo no embalse do Pontillón do Castro realizando actividades deportivas no medio acuático.

Agradecemos a Tono que compartise con nós estas imaxes para o voso desfrute.

 

 

 

PANXOLIÑA BEATLE

Como xa sabedes, este ano por mor da COVID-19 non podemos levar a cabo a tradicional "Audición de Nadal". Por este motivo, os nenos e nenas de 6º de E. Primaria queremos desexarvos un "BO NADAL!" con esta canción titulada: "PANXOLIÑA BEATLE", a cal preparamos con moito agarimo para todos vós.

Preme na imaxe para visualizar o vídeo.

SEMANA DO 15 AO 19 DE XUÑO. 6º RELIXIÓN

Preme na imaxe para acceder ao contido desta semana.    

SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO. 6º RELIXIÓN

Preme na imaxe para acceder a tarefa desta semana.   

SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO. 6º PRIMARIA

Preme na imaxe para accer as tarefas desta semana.   

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO. 6º RELIXIÓN

Preme na imaxe e accederás a tarefa desta semana.  

Blog RefórzaT

A mestra do Plan Refórzate creou este blog para propoñer actividades.

Premendo na imaxe tedes acceso ao blog

 

 

SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO. 6º RELIXIÓN

Premendo na imaxe podes acceder as tarefas desta semana.

SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO RELIXIÓN 6º

Premendo na imaxe tedes acceso as tarefas para esta semana.

Semana do 4 ao 8 de maio. Relixión 6º

A mestra de relixión propón unhas actividades para esta semana.

Premendo na imaxe podedes acceder a elas.

Semana do 20 ao 24 de abril. Relixión

Premendo na imaxe tedes acceso ás actividades propostas pola mestra de relixión.

Un saúdo e moito ánimo!

Semana do 20 ao 24 de abril. Relixión

RELIXIÓN: ACTIVIDADES DO 20 AO 23 DE ABRIL

 

6º de primaria

XOGO "PALABRAS REVOLTAS"

 

Esta semana celebramos o día do libro. Así que imos traballar sobre unha

sección do libro da Bilbia. Neste caso a través deste xogo que consiste en

adiviñar as palabras do Salmo que están revoltas (Salmo é un poema que

fala sobre como Deus se relaciona con aquel que entrega a súa vida a él).

As palabras en letra grosa son aquelas que deberás adiviñar.

As solucións dareinas a próxima semana. Espero que vos resulte doado para

resolver.

 

Moito ánimo!

 

Novos videos de EF

Novos videos do profe Javi!! 

Retos de Educación física

Retos de educación física

O profe Javi quere propoñervos uns retos para estes días.

Aqueles que queran facer o reto, poden enviarlle os seus videos aos seguintes enderezos.

 

- Para o alumnado de 5º e 6º: 

Enderezo: retoscoiro5e6@gmail.com

Videos:

 

 

 

 

Moito ánimo!!

Actividades de relixión. Do 14 ao 17 de abril

6º DE PRIMARIA

Exercicios para completar frases sobre notas de Jesús, esta actividade serviravos para

coñecer curiosidades de Jesús. Hai que completar os espazos en blanco coas

palabras que hai na parte superior. Espero que vos resulte interesante. (Premede na ligazón)

http://ficus.pntic.mec.es/~jpef0014/Lasnotas.htm

Propostas de traballo para o alumnado de 6º

Os mestres de 6º colgarán as distintas actividades e tarefas empregando a plataforma EVA.

Distribuir contido