ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN COVID-19 e DECLARACIÓN RESPONSABLE
ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN COVID-19 e DECLARACIÓN RESPONSABLE
Estimadas familias:
Segundo recolle o Protocolo de Adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino, os pais, nais ou titores legais do alumnado realizarán cada mañá, antes da chegada ao centro, unha AUTOAVALIACIÓN dos síntomas a fin de comprobar se estes son compatibles cunha infección por COVID-19. Utilizarase a enquisa que se describe no Anexo I.
No caso de que se detectase sintomatoloxía compatible na casa, o alumnado non acudirá ao centro e a súa familia contactará inmediatamente co centro de saúde de referencia e co teléfono que o centro ten para incidencias relacionadas coa COVID-19 (675 599 522).
Así mesmo, deberán imprimir e devolver asinada ao centro,a DECLARACIÓN RESPONSABLE que figura no arquivo adxunto.
Moitas gracias pola súa colaboración!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ENQUISA AUTOAVALIACIÓN DIARIA.pdf | 532.93 KB |
Modelo_declaracion_responsable_familias.pdf | 463.81 KB |