Saltar navegación.
Inicio

Información importante para as familias

Tendo en conta as instrucións da Consellería de Educación publicadas o pasado 27 de abril de 2020, que recollen o establecido no Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, e na Orde do Ministerio de Educación EFP/365/2020, de 22 de abril, consideramos importante informar do seguinte:

O profesorado do centro revisou as programacións didácticas para adaptalas á situación actual, co obxectivo de centrar as actividades lectivas do 3º trimestre nas aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberían desenvolver os alumnos e alumnas.

A avaliación final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 2019/2020 considerará en conxunto as avaliacións de todo o curso. Terá en conta os dous primeiros trimestres de clases presenciais así como as actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que se desenvolvan durante o terceiro trimestre para favorecer a cualificación final do alumnado.

O traballo do terceiro trimestre servirá para recuperar as avaliacións pendentes ou mellorar a cualificación final. As materias non superadas da primeira e/ou segunda avaliación poderán recuperarse co traballo e as probas que se poidan facer durante o terceiro trimestre.

Os mestr@s que compoñen o equipo docente de cada nivel informarán ao alumnado e ás familias, ben directamente ou a través do titor ou titora do grupo, empregando diferentes sistemas de comunicación (plataforma EVA E-dixgal, aplicación Abalarmóbil, aplicación ToKapp School e aplicación ClassDojo) tanto das distintas actividades que deberán realizar durante este terceiro trimestre como da avaliación das aprendizaxes desenvolvidas a partir da suspensión das actividades lectivas presenciais, que será continua e valorará, sobre todo, o traballo realizado polos alumnos e alumnas.