Saltar navegación.
Inicio

Formación sobre o Proxecto E-dixgal.

 Estimadas familias,


O vindeiro LUNS, día 28 de OUTUBRO, ás 17.00 horas, desenvolveremos no SALÓN DE ACTOS do colexio unha xornada de formación sobre o Proxecto E-Dixgal dirixida ás FAMILIAS do alumnado que cursa 5º e 6º nivel de Educación Primaria.


A docencia será impartida polo mestre Jesús Rodas Sotelo, coordinador E-Dixgal do centro.


Agradecemos a súa presenza na mesma.


Un cordial saúdo!

 

AXENDA ESCOLAR

Imos comezar un novo curso e con el un novo proxecto que nos emociona moito: "Man a man".

Este proxecto vainos permitir coñecer oficios tradicionais e artesanais de Galicia. Por este motivo, dende o equipo de dinamización da lingua galega elaborouse esta axenda para os docentes, onde se recollen algúns dos oficios que traballaremos ao longo do curso 24/25.

Bo comezo de curso a todos!

Coñece a axenda aquí.

 

 

 

RELACIÓN LIBROS DE TEXTO CURSO 2024/2025

 

RELACIÓN de LIBROS de TEXTO

 

Curso 2024/2025

 

Curso

Área

Título, colección, editorial

ISBN

3 anos A

Inglés

Daisy, Robin & Me! Green Starter Class Book Pack . Oxford U. P.

9780194806626

3 anos B

Inglés

Daisy, Robin & Me! Green Starter Class Book Pack . Oxford U. P.

9780194806626

4 anos A

Inglés

Daisy, Robin & Me! Green A Class Book Pack . Oxford U. P.

9780194806435

4 anos B

Inglés

Daisy, Robin & Me! Green A Class Book Pack . Oxford U. P.

9780194806435

5 anos A

Inglés

Daisy, Robin & Me! Green B Class Book Pack . Oxford U. P.

9780194806534

5 anos B

Inglés

Daisy, Robin & Me! Green B Class Book Pack . Oxford U. P.

9780194806534

1º E. Prim.

Lingua Galega

Lingua 1, Proxecto Tecelingua. Edicións Xerais

9788411100038

 

Lectura

El libro Feliz 1. Ed. Anaya

9788466725354

 

Matemáticas

Matemáticas 1, Operación Mundo (Incl.mat. manipulativo). Ed. Anaya

9788469893517

 

Inglés

GO FAR! 1, Student’s Pack. Ed. Richmond

9788466836531

2º E. Prim.

Lingua Galega

Lingua 2, Proxecto Tecelingua. Edicións Xerais

9788411100120

 

Lectura

El libro Feroz 2. Ed. Anaya

9788466746274

 

Matemáticas

Matemáticas 2, Operación Mundo (Incl.mat. manipulativo). Ed. Anaya

9788469893739

 

Inglés

GO FAR! 2, Student’s Pack. Ed. Richmond

9788466836548

3º E. Prim.

Lingua Galega

Lingua 3, Proxecto Tecelingua. Edicións Xerais

9788411100205

 

Matemáticas

Matemáticas 3, Construyendo Mundos, Mochila Ligera. Ed. Santillana

9788468071367

 

Inglés

GO FAR! 3, Student’s Pack, Ed. Richmond

9788466836555

4º E. Prim.

Lingua Galega

Lingua 4, Serie Operación Mundo. Ed. Anaya

9788414319635

 

Matemáticas

Matemáticas 4 (4.1-4.2-4.3), Comunidad ZOOM. Ed. Vicens Vives

9788468291857

 

C. da Natureza

Ciencias da Natureza 4, Serie Operación Mundo. Ed. Anaya

9788414320969

 

C. Sociais

Ciencias Sociais 4, Serie Operación Mundo.. Ed. Anaya

9788414321225

 

Inglés

GO FAR! 4, Student’s Pack. Ed. Richmond

9788466836562

 

 

 Castrillón-Coiro, 15 de xuño de 2024

 

 

IMPORTANTE:

 

As familias de 4º de E. PRIMARIA que non resulten beneficiairas no fondo solidario de libros de texto dos libros de CIENCIAS DA NATUREZA e de CIENCIAS SOCIAIS NON DEBEN MERCALOS ata que teña lugar a reunión de titoría de inicio do vindeiro curso 2024-2025.

 

(*) As librarías de Cangas teñen copia da lista dos libros de texto.

 

 

 

 

 

 
 

 

 

 

 

AS NOSAS ACTIVIDADES!

A través deste vídeo queremos compartir con todos e todas vós as actividades que realizamos neste curso 2023/2024.

Desexamos que vos guste!

 
 

REUNIÓN INFORMATIVA

Estimadas familias de ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN de tres anos:

Pola presente comunicación quedan convocados/as a unha reunión a celebrar o vindeiro martes 25 de xuño de 2024 ás 16.30 horas no Salón de Actos do noso centro.

Será unha reunión informativa/organizativa sobre o centro, consello a seguir e aclaratoria de dúbidas. Recomendamos, dentro das vosas posibilidades, que asistades sen os vosos/as fillos/as.

Atentamente o Equipo de Mestras de Educación Infantil.

 

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

NORMA

ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio de 2024)

Pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/2025.

CÓDIGO de PROCEDEMENTO: ED330B

 

 

DESTINATARIOS

 

 

Fondo solidario de libros de texto

3º e 4º de E. Primaria

Axudas para adquirir libros de texto 

1º e 2º de E. Primaria

Axudas para adquirir material escolar

Alumnado de E. Primaria

(De 1º a 6º)

 

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

PRAZO

Desde o 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024 (incluído)

FORMAS DE PRESENTACIÓN

Poderán presentar as solicitudes os pais, nais, titores/as ou representantes legais do alumnado.

A solicitude será ÚNICA para todos os fillos/as que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2024/2025.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, nos formularios normalizados Anexo I e Anexo II,dispoñibles na aplicación informática Fondolibros: https://www.edu.xunta.es/fondolibros

Unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude e, posteriormente, poderán optar polas seguintes formas de presentación:

    - Na Sede Electrónica (https://sede.xunta.gal): Para a presentación por esta vía poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

    - Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados) xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación).

 

Así mesmo, poñemos a súa disposición o formulario normalizado de Solicitude (Anexo I e Anexo II) para que poidan descargalo. Unha vez decargado, deberán cumprimentalo e poderán presentalo no centro.

 

Tamén temos á súa disposición os formularios de solicitude (Anexo I e Anexo II) en Secretaría para que poidan cubrilos e presentalos no centro.

 

O horario de atención ao público na Secretaría do centro para este procedemento será de 09.30  a 14:00.

 

Excepcionalmente para aquelas familias que non poidan acudir ó centro educativo en horario de mañá, poderán facelo de 16.00 a 16.30 horas.

Alumnado

6º E.P.

O alumnado que está actualmente en 6º, poderá presentar a solicitude por vía electrónica ou no INSTITUTO onde vaia estar matriculado no curso 2024/2025.

 

 

DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA

  •    ANEXO I debidamente cuberto e asinado.
  •    ANEXO II (Autorización dos membros da unidade familiar distintos do solicitante para a comprobación de datos).
  • Copia do Libro de Familia onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
No caso en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación real a  31 de decembro de 2022, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

-Certificado ou volante de convivencia.

-Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do Concello.

 

  • Se fose o caso, certificado do Grao de Discapacidade do alumno/a ou de calquera membro da unidade familiar, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

 

 

RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR

Será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. Na declaración do IRPF do exercicio fiscal 2022, sumaranse o recadro 435 + o recadro 460 e dividirase o resultado entre o número de membros computables da unidade familiar a 31 de decembro de 2022.

Á hora de dividir computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez ou a equivalente de clases pasivas.

 

 

MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR

-Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, os titores do alumnado.

-Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados, ou os/as fillos/as en situación de tutela ou acollemento familiar permanente ou preadoptivo.

-Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente, sempre que estean suxeitos á patria potestade.

-Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

-Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común.

-A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación de afectividade análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/da alumno/a, agás nos casos de custodia compartida.

-Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles.

 

 

MEMBROS NON COMPUTABLES

Non terá a consideración de membro computable:

-A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

-O agresor nos casos de violencia de xénero.

-En todo caso terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2022, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia a un dos proxenitores e nos casos de violencia de xénero, caso en que se aplicará o disposto na normativa vixente.

 

 

CONTÍA DAS AXUDAS

 

Renta per cápita familiar

 

 

Menor ou igual a 6.000€

Maior de 6.000 e menor ou igual a 10.000€

Menor ou igual a 6.000 €

Maior de 6.000 e menor ou igual a 10.000€

LIBROS DE TEXTO

MATERIAL

1º e 2º de E. Primaria

240 €

160 €

75€

 

60€

 

3º e 4º de E. Primaria

Fondo:

6 libros (1)

Fondo:

4 libros (1)

5º e 6º de E. Primaria

Proxecto E-DIXGAL

Proxecto E-DIXGAL

 

    (1) O número de libros que se indica é o mínimo garantido, pero poderá incrementarse se houbera existencias suficientes no centro.

 
 

PUBLICACIÓN LISTAXES FONDO LIBROS (3º E 4º)

Publicación de listaxes provisionais>

Ata o 12.07.2024

Reclamación ás listaxes provisionais>

2 días seguintes á publicación

Publicación das listaxes definitivas>

O 26.07.2024

Faremos chegar o aviso ás familias a través de AbalarMóbil da publicación das listaxes.

As listaxes publicaranse única e exclusivamente no TABOLEIRO DE ANUNCIOS situado no porche da entrada de E. Primaria.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a chave 365 ou o certificado dixital da FNMT.

 

 

ENTREGA DE LIBROS E VALES

A entrega dos libros de texto do Fondo Solidario do curso 2024/2025 para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria realizarase no mes de SETEMBRO, xunto co documento de “ENTREGA” que terá a sinatura da persoa tiltular da dirección, o selo do centro e a sinatura do/da representante legal do alumnado, a quen se lle entregará unha copia.

 

Os VALES para adquirir libros de texto para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria e os VALES para adquirir material escolar destinados ao alumnado matriculado en E. Primaria entregaranse na semana comprendida entre o 8 e o 12 de xullo de 2024.

 

Recoméndase que a persoa solicitante sexa quen recolla o vale de axuda de libros e material escolar. De non ser así, haberá que traer unha autorización por escrito da persoa solicitante, xunto coa fotocopia do DNI da persoa solicitante e da persoa autorizada.

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

XIMKANA MULTICULTURAL

Durante o día de hoxe, o alumnado de 5º de Educación Primaria participou nunha actividade sobre solidaridade intercultural.

O alumnado levou a cabo actividades onde se traballou a interculturalidade, para erradicar futuros comportamentos racistas, xenófobos e etnocentristas, así como a creación de prexuízos e estereotipos culturais e sociais.

Moitas grazas ás persoas que acompañaron ó alumnado con esta actividade. Esperámosvos de volta o ano que vén!

 

 

 

 

Librotroco 2024

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Comeza o PERÍODO DE MATRÍCULA para o curso 2024-2025

De acordo cos prazos establecidos no artigo 27 da Orde do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión, o próximo 1 de marzo iníciase o prazo de admisión de solicitudes (ED550B).

A solicitude de admisión de alumnado realizarase mediante o FORMULARIO DE ADMISIÓN que está á súa disposición na secretaría do centro. Este formulario tamén pode descargarse desde o seguinte enlace:

Formulario de Admisión

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

    1. Unha vez descargada, cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.

    2. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.

    3. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en sede electrónica. Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisiónalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital.

 

As franxas horarias nas que se pode facer entrega da documentación para presentar a solicitude asinada presencialmente no centro son:

        - De 09:30 a 15:00 h.

        - De 16:00 a 17:00 h. 

 

Están á súa disposición os seguintes teléfonos para que poidan consultar calquera dúbida ao respecto: 

886 110 173 (Secretaría) 886 110 172 (Conserxería) 886 110 170 (Dirección)

 

 

DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA NECESARIA:

    • Formulario de Admisión.

    • Fotocopia completa do Libro de Familia ou Certificado de Nacemento.

    • Fotocopia do DNI dos proxenitores e do solicitante. (Se o ten expedido)

    • 4 fotografías tamaño carnet.

    • Fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou do seguro que lle corresponda ao alumno/a solicitante.

    • Se é o caso, documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. (Expedida polos servizos sociais competentes que acrediten as circunstancias alegadas)

    • Certificado médico que acredite:

    • Ausencia de enfermidade infecto-contaxiosa.

    • Ausencia de defecto físico ou psíquico invalidante

    • Estar ó día no cumprimento do calendario oficial de vacinacións.

    • A posesión dalgunha alerxia medicamentosa.

    • Volante de empadroamento no que figuren todos os membros que conviven no domicilio familiar. (Solicítase no Concello) 

 

Os postos escolares vacantes están publicados nesta ligazón e no taboleiro de anuncios do centro.

 

Prazos:

    • Solicitude de admisión e entrega de documentación: do 1 ao 20 de marzo.

    • A listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as exporase no taboleiro de anuncios do Centro o día 25 de abril.

    • A listaxe definitiva exporase no mesmo taboleiro o día 15 de maio.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

CEIPP PLURILINGÜE DO CASTRILLÓN - COIRO

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O CEIP Plurilingüe do Castrillón-Coiro organizará unhas XORNADAS DE PORTAS ABERTAS os martes 20 e 27 de febreiro e 5 de marzo para que as familias interesadas en escolarizar aos seus fillos e fillas poidan coñecer as nosas instalacións e o noso xeito de traballar.

A visita estará guiada por unha mestra e poderedes contar con dúas quendas cada día: o día 20, serán ás 17.00 horas e ás 18.15 horas; mentres que os días 27 de febreiro e 5 de marzo serán ás 16.00 horas e 17.30 horas .

Aproveitaremos para aclararvos calquera dúbida que teñades.

Agardámosvos!!!

 

 

 

Para aquelas familias que non poidan acudir ó centro educativo, preparamos os seguintes vídeos para que saibades un pouco máis de nós.

 

 

Ademais, tamén preparamos o seguinte tríptico informativo con toda a información necesaria sobre o noso centro, así como os teléfonos de contacto ós cales vos podedes dirixir para aclarar calquera dúbida.

PRESENTACIÓN DE SUMITO

Como xa sabedes todos e todas, o noso centro está inmerso dentro do Programa Voz Natura, o cal busca afianzar no alumnado valores de respeto e coidado ó medio ambiente

Por este motivo, o alumnado de 2º creou con material de refugallo un robot, un robot moi especial que bautizaron como SUMITO. Pero... quen é Sumito e que fai? Sumito é multifuncional, é unha das súas funcións ao longo deste curso vai ser coidar de nós e da nosa contorna. Ademais, podemos seleccionar catro zumes diferentes a través das catro botoneiras que ten, proporcinándonos un momento cheo de vitamina C.

Un apluso para todos eses nenos e nenas de 2º !

 

 

 

Conmemoración do Día da Paz.

O martes 30 de xaneiro conmemoramos no centro o Día da Paz, creando un mural con grúas, tal e como explicamos noutra publicación.

Este vez, queremos compartir con todos e todas vós o baile que fixemos todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria para conmemorar este día.

Esperamos que vos guste!

 

Segundo premio no concurso NADAL CON VIDA

 

Un ano mais participamos no concurso NADAL CON VIDA organizado polo Concello de Cangas.

 

O alumnado do noso cole fixo unhas fermosas estrelas con fotografías dos nosos deportistas mais destacados para engalanar as rúas de Cangas no Nadal.

 

No cole estamos de celebración porque recibimos o segundo premio! Unha pequena representación do alumnado elexida ao chou recibiu o premio de mans da alcaldesa no salón de plenos do Concello. 

Queremos agradecer ao noso alumnado a ilusión e traballo para facelo posible.





 

 

Celebración Día da Paz

Durante a mañá de hoxe, todo o alumnado do noso centro conmemorou o día da Paz.

Este ano, o alumnado elaborou e decorou grúas de papel, formando os aros olímpicos e a palabra PAZ.

 

Por que se fixeron grúas de papel?

Atendendo á lenda xaponesa de Senbazuru, toda persoa que elabore 1000 grúas de papel terá concedido un desexo. Por este motivo, como centro, elaboramos grúas de papel para pedir o noso desexo: A PAZ.

Aquí vos deixamos un anaco da nosa celebración!

RESERVA DE PRAZA no IES de Rodeira

Comunicámoslles que está aberto o prazo do procedemento de RESERVA DE PRAZA no centro adscrito (IES de Rodeira) para o alumnado que cambia de etapa.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá dende o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro de 2024, ambos incluídos.

Tanto a presentación de solicitudes como a consulta de listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

Xunto coa solicitude deberán achegar o anexo I-bis e o resto de documentación que, de ser o caso, fose precisa (libro de familia, sentenza de separación, documentación acreditativa de alumnado con necesidades específicas...)

 

Este Nadal sigue unha estrela.

Outro ano máis chega o Nadal e desde Castrillón queremos facer honor aos nosos grandes deportistas. Cómo xa ben sabedes, este curso traballamos dende o proxecto interdisciplinar Castriolimpiadas: xogos olímpicos e paralímpicos.

Baixo o lema “Este Nadal segue unha estrella” participamos no concurso do Concello “Nadal con Vida”. As nosas estrelas decorarán a Rúa Real durante este Nadal para facer unha pequena homenaxe aos deportistas galegos máis ou menos coñecidos pero non por iso menos valiosos. 

Non están todos os que son, pero con este traballo decatámonos da calidade excepcional de todos os deportistas da nosa terra e pedimos disculpas aos que non estean representados.

Premede na imaxe para ver o vídeo.

FELICES FESTAS

O profesorado do C.E.I.P. Plurilingüe do Castrillón - Coiro queremos desexarvos unhas felices festas e un bo aninovo!

Por este motivo, partillamos con vós este vídeo que fixemos con moita ilusión.

Agardamos que vos guste!

 

Premios do Concurso de Debuxos e Relatos de Nadal

Ola Bulideir@s!

Deixámosvos por aquí os gañadores do Concurso de Debuxos e Relatos de Nadal deste ano:


Educación Infantil: Alma Fernández Dafonte.


1º Ciclo EP: David Rivas Dacruz.
2º Ciclo EP: Sofía Vasconcellos Saá.
3º Ciclo EP: Marcos Rivas Dacruz.
Accésit 3º Ciclo: Vera Boubeta Rodal e Mara Regueira Rodal.

 

O premio da sección de adultos queda deserto ao non haber ningunha candidatura.

Parabéns e grazas polo voso esforzo!

Felices festas a todos!

 

Distribuir contido