CANTO VOA O TEU AVIÓN?
Hoxe, o alumnado de 5º de E. Primaria puxo en práctica os contidos aprendidos durante este trimestre sobre as medidas de lonxitude. Cada un deles fixo voar o seu avión para despois medir a distancia alcanzada.
Cal deles chegaría máis lonxe?
Aquí vos deixamos algunhas fotografías da divertida competición.
XIMNASIA CEREBRAL PARA TODA A FAMILIA
Desde as aulas de educación infantil de 4 e 5 anos e principalmente desde as sesións de psicomotricidade estase traballando uns exercicios que estimulan a "interconexión hemisférica cerebral" permitindo a xestión e execución das diferentes tarefas (memoria, coordinación, ritmo, atención, concentración) e funcións cognitivas.
Estes exercicios son bos para todo o alumnado tanto de infantil como de primaria, incluso par vós, polo que aconsellámosvos que os practiquedes en familia un ratiño cada día.
Moitas grazas.
PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2021-2022
Dende o C.E.I.P. Castrillón - Coiro queremos informarvos que de acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, o próximo 1 de marzo iníciase o prazo de admisión de solicitudes.
Atendendo á situación actual que estamos a vivir por mor da COVID-19, non podemos realizar a presentación do noso centro nin da nosa metodoloxía de traballo como en anos anteriores, por este motivo preparámosvos os seguintes vídeos para que coñezades un pouco máis sobre nós.
Ademais, tamén preparamos o seguinte tríptico informativo con toda a información necesaria sobre o noso centro, así como os teléfonos de contacto ós cales vos podedes dirixir para aclarar calquera dúbida.
A solicitude de admisión do alumnado realizarase mediante o FORMULARIO DE ADMISIÓN que está a súa disposición na secretaría do centro. Este formulario tamén pode descargarse no seguinte enlace.
Unha vez descargado, deberase cumprimentar de forma manual e presentarase no centro.
ACONSÉLLASE pedir previamente CITA TELEFÓNICA nos seguintes teléfonos: 886 110 173, 886 110 172 e 886 110 170.
As franxas horarias nas que se pode facer entrega da documentación son:
- De 9.00 a 11.00 horas.
- De 13.00 a 14.00 horas.
- De 16.00 a 17.00 horas. (excepcionalmente para aquelas familias que non poidan acudir ó centro educativo en horario de mañá)
DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA NECESARIA:
- Formulario de Admisión.
- Fotocopia completa do Libro de Familia.
- Fotocopia do DNI dos proxenitores e do solicitante (Se o ten expedido).
- 4 fotografías tamaño carnet.
- Fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou do seguro que lle corresponda ao alumnado solicitante.
- Se é o caso, documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. (Expedida polos servicios sociais competentes que acrediten as circunstancias alegadas).
- Certificado médico que acredite:
- Ausencia de enfermidades infecto-contaxiosa.
- Ausencia de defecto físico ou psíquico invalidante.
- Estar ó día no cumprimento do calendario oficial de vacinacións.
- A posesión dalgunha alerxia medicamentosa.
- Volante de empadroamento no que figuren todos os membros que conviven no domicilio familiar (Solicítase no concello).
Tamén poderá realizarse a presentación telemática no mesmo prazo (desde o 1 ó 22 de marzo) na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/)
Os postos escolares vacantes están publicados nesta ligazón e no taboleiro de anuncios do centro.
Prazos:
- Solicitude de admisión e entrega de documentación: do 1 ao 22 de marzo.
- A lista de admitidos/as e excluídos/as exporase no taboleiro de anuncios do centro na primeira quincena de maio.
Entroido
Enviado por Anónimo o Dom, 07/02/2021 - 19:20NESTE ANO TAN PECULIAR
O ENTROIDO EN CASTRILLÓN ESTÁ POR CHEGAR,
AÍNDA QUE NOS PODEMOS DISFRAZAR
A FESTA NESTE CURSO VAISE DIFERENCIAR.
PARA O ENTROIDO PODER TRABALLAR
A WEB DO COLE IMOS VISITAR,
ACTIVIDADES E XOGOS QUE SE ESTÁN A DESEÑAR
E ASÍ POLOS ENTROIDOS PODER VIAXAR.
VIVA O ENTROIDO!!!
PARA INFANTIL 1º E 2º: https://learningapps.org/view17277036
PARA 3º, 4º ,5º E 6º:https://es.educaplay.com/juego/8083484-pasapalabra_do_entroido.html
CONSULTA:
ENTROIDO 2021
BULI INFORMA!
A semana do 8 de febreiro imos celebrar o entroido, e como xa sabedes, este ano non podemos levar a cabo a tradicional festa no noso centro. Por este motivo, aquí vos deixo as indicacións para cada día da semana que vén. Espero que vos guste, que poidamos divertirnos e pasalo o mellor posible.
Vémonos!
Día da Paz
Onte levamos a cabo a celebración do Día da Paz no noso centro. Unha celebración marcada polas circunstancias da COVID-19, a cal estamos a vivir todos e todas, tanto dentro como fóra do centro. Por este motivo, deixámosvos esta ligazón para que poidades desfrutar da actuación levada a cabo por todo o alumnado de educación infantil e primaria.
Esperamos que vos guste!
O MOVEMENTO DE ROTACIÓN E TRASLACIÓN
O alumnado de 5º de E. Primaria rematou hoxe o seus prototipos sobre os movemento de rotación e traslacion da Terra.
A través deste traballo de aula, comprobamos como a Terra xira arredor do sol pasando polas diferentes estacións do ano, así como o movemento de rotación. Sen deixar atrás as diferentes fases do noso satélite, a lúa, cando xira arredor da Terra.
Esperamos que vos guste!
PANXOLIÑA BEATLE
Como xa sabedes, este ano por mor da COVID-19 non podemos levar a cabo a tradicional "Audición de Nadal". Por este motivo, os nenos e nenas de 6º de E. Primaria queremos desexarvos un "BO NADAL!" con esta canción titulada: "PANXOLIÑA BEATLE", a cal preparamos con moito agarimo para todos vós.
Preme na imaxe para visualizar o vídeo.
PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS
CRITERIOS E PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA, EDUCACIÓN SECUNDARIA E EDUCACIÓN ESPECIAL.
Xúntase en arquivos adxuntos a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E) xunto co formulario de solicitude (ANEXO I e II).
O prazo para presentar as solicitudes vai dende o día 16 ata o día 27 de novembro de 2020.
Terá dereito a esta axuda o alumnado que fose beneficiario de axuda para adquirir material escolar no curso 2020/21. Este alumnado NON TERÁ QUE PRESENTAR SOLICITUDE.
Poderá acceder tamén a esta axuda o alumnado que pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€ no exercicio fiscal de 2018, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%.
O centro informará a través de Abalar do procedemento de distribución das máscaras.
Orde do 6 de novembro de 2020 (DOG 13 de novembro de 2020)
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »