Visita Discamino
Mañá, 19 de xaneiro, imos ter unha visita moi especial no noso centro!
Integrantes do Proxecto Discamino terán un encontro co alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, onde o alumnado coñecerá de primeira man o gran labor que realizan coas persoas con discapacidade.
Se queredes coñecer máis sobre este proxecto, podedes consultalo na súa páxina web a través da seguinte ligazón.
Recomendacións de lecturas en galego.
Como cada ano polo Nadal, recomendámosvos unha serie de lecturas en galego que poden resultar interesantes como agasallo, tanto para Papá Noel como os Reis Magos de Oriente.
Este ano, as novidades que nos partilla a coordinadora de E.D.L.G do Morrazo son as que poden atopar nos seguintes enlaces.
Guía de Lecturas para Infantil.
Guía de Lecturas para Primaria.
Guía de Lecutas para Secundaria.
Temos que realizar un agradecemento a Josuha Xanbreo, por agasallarnos coa ilustración que preside esta publicación, a cal pertence ás guías de lectura deste ano.
GUÍA PARA O PAGO TELEMÁTICO DAS TAXAS DO COMEDOR ESCOLAR
Coa finalidade de axudarlles a realizar a xestión do pago das taxas do comedor escolar de forma telemática, facilitámoslles unha guía cos pasos a seguir á hora de realizar dito procedemento dende a páxina web da Axencia Tributaria Galega.
Esperamos que lles resulte útil.
Buli - Receitas mariñeiras
Enviado por biblioteca o Xov, 13/10/2022 - 11:55
Aclaracións:
- As crianzas de Educación Infantil poden participar facendo a receita com debuxos ou recortes de revista con axuda das familias.
- Non é obrigatorio empregar o modelo dado. Só é un exemplo dos elementos que debe incluír a receita.
- Lembra que ten que ser en galego!
INICIO CURSO 2022 - 2023
INICIO CURSO 2022 - 2023
Estimadas familias:
Tendo en conta a evolución do contexto da COVID-19, informámoslles daqueles aspectos máis importantes a ter en conta durante este novo curso 2022-2023:
ENTRADAS E SAÍDAS:
O alumnado usuario do TRANSPORTE ESCOLAR accederá ao centro no momento da chegada do autobús e permanecerá no patio/pavillón (E. Primaria) ou na terraza/porche (E. Infantil) ata o momento do inicio da actividade lectiva.
- Educación Infantil: entrarán pola cancela automática, accedendo ao centro pola porta destinada a esta etapa.
- Educación Primaria: entrarán pola cancela pequena e accederán ao patio e pavillón.
O alumnado entrará só no centro.
Na saída das 14:15 sairán polo mesmo portal que utilizaron para entrar. As familias agardarán sempre fóra do recinto escolar.
O SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR FUNCIONARÁ DA MESMA MANEIRA QUE O PASADO CURSO.
HORARIOS DE ENTRADA
- ALUMNADO USUARIO do TRANSPORTE ESCOLAR: No momento da chegado do autobús.
- ALUMNADO E. PRIMARIA: Entre as 09.05 e as 09.15 horas.
- ALUMNADO E. INFANTIL: Entre as 09.10 e as 09.15 horas.
-As familias con dous ou máis fillos/as nas dúas etapas DEBERÁN CHEGAR, PREFERENTEMENTE, NO HORARIO DO MÁIS PEQUENO/A.
COMEDOR ESCOLAR
O horario de comedor escolar será o mesmo que o curso anterior.
O alumnado de Educación Infantil comerá na súa propia aula, baixo a supervisión dunha coidadora por grupo.
O alumnado de Educación Primaria comerá na sala do comedor, distribuído en grupo heteroxéneos.
HORARIOS DE SAÍDA DO COMEDOR ESCOLAR
As familias que recollan aos seus fillos e fillas no colexio despois do servizo de comedor farano no seguinte horario:
CANCELA AUTOMÁTICA |
CANCELA PEQUENA |
|
15.20 |
EDUCACIÓN INFANTIL + IRMÁNS EN E. PRIMARIA |
|
15.40 |
5º e 6º E. PRIMARIA |
Reiteramos a importancia do cumprimento estrito dos horarios anteriores para evitar as aglomeracións e os tempos de espera no momento da saída.
INICIO DO CURSO:
XOVES, 8 de setembro.
O alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) irase incorporando paulatinamente seguindo o período de adaptación.
Á maior brevidade posible, os distintos niveis de Educación Primaria serán convocados/as ás reunións iniciais de curso.
MEDIDAS HIXIÉNICAS A TER EN CONTA:
- Segundo as instrucións conxuntas do 5 de setembro de 2022 das Consellerías de Educación e Sanidade, as MÁSCARAS serán OBRIGATORIAS UNICAMENTE NO SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR para todo o alumnado de E. Primaria e altamente recomendables para o alumnado de E. Infantil durante o curso.
Moitas gracias pola vosa colaboración e BO CURSO!!
Relación libros de texto 2022/2023
RELACIÓN de LIBROS de TEXTO
Curso 2022/2023
Curso |
Área |
Título, colección, editorial |
ISBN |
3 anos A |
Inglés |
Daisy, Robin & Me! Green Starter Class Book Pack. Oxford U. P. |
9780194806626 |
3 anos B |
Inglés |
Daisy, Robin & Me! Green Starter Class Book Pack. Oxford U. P. |
9780194806626 |
4 anos A |
Inglés |
Daisy, Robin & Me! Green A Class Book Pack . Oxford U. P. |
9780194806435 |
4 anos B |
Inglés |
Daisy, Robin & Me! Green A Class Book Pack . Oxford U. P. |
9780194806435 |
5 anos A |
Inglés |
Daisy, Robin & Me! Green B Class Book Pack . Oxford U. P. |
9780194806534 |
5 anos B |
Inglés |
Daisy, Robin & Me! Green B Class Book Pack . Oxford U. P. |
9780194806534 |
1º E. Prim. |
Matemáticas |
Comunidad ZOOM, 1 Primaria. Ed. Vicens Vives |
9788468280998 |
|
Inglés |
GO FAR! 1, Student’s Pack. Ed. Richmond |
9788466836531 |
2º E. Prim. |
- |
Licencia Snappet INICIO |
9788494420535 |
|
Matemáticas |
Proyecto ZOOM, 2 Primaria. Ed. Vicens Vives |
9788468254869 |
|
Matemáticas |
Proyecto ZOOM, PRACTICAMAT 2. Ed. Vicens Vives |
9788468258744 |
|
Lingua Galega |
Tarefas de Competencia Lectora LEQUELÉ. Ed. Obradoiro-Santillana |
9788491851950 |
|
Inglés |
Go! 2, Student’s Pack. Ed. Richmond |
9788466826242 |
3º E. Prim. |
- |
Licencia Snappet INICIO |
9788494420535 |
|
Lingua Galega |
Lingua 3, Proxecto Tecelingua. Ed. Xerais |
9788411100205 |
|
Matemáticas |
Matemáticas 3, Construyendo Mundos, Mochila Ligera. Ed. Santillana |
9788468071367 |
|
Inglés |
GO FAR! 3, Student’s Pack, Ed. Richmond |
9788466836555 |
4º E. Prim. |
- |
Licencia Snappet INICIO |
9788494420535 |
|
Lengua Cast. |
Lengua Castellana 4, Saber Hacer. Ed. Santillana |
9788468029566 |
|
Lingua Galega |
Lingua 4, Aprender é crecer en conexión. Ed. Anaya |
9788467880137 |
|
Matemáticas |
Matemáticas 4, Saber Hacer. Ed. Santillana |
9788483056097 |
|
C. Sociais |
Sociais 4, Aula activa. Ed. Vicens Vives |
9788468228983 |
|
C. da Natureza |
Naturais 4, Aula activa. Ed. Vicens Vives |
9788468228433 |
|
Inglés |
Wonder 4, Student’s Pack 4. Ed. Richmond |
9788466817974 |
Castrillón-Coiro, 15 de xuño de 2022
IMPORTANTE:
Na relación de libros para o alumnado de 2º, 3º e 4º de E. Primariafigura unha Licencia SNAPPET. A librería xestionará este código ISBN como calquera dos outros que figuran na lista. As licencias serán enviadas directamente ao colexio a principios do mes de setembro por Snappet.
As familias de 4º de E. PRIMARIA que non resulten beneficiarias no fondo solidario de libros de texto do libro de inglés Wonder 4, NON TEÑEN QUE MERCALO.
(*) As librarías de Cangas teñen copia da lista dos libros de texto.
FIN DE CURSO CO ALUMNADO DO JUAN XXIII
Durante a mañá de hoxe e para celebrar o fin deste curso 2021/2022 contamos coa colaboración dos usuarios do centro Juan XXIII de Cangas que nos brindaron a oportunidade de coñecer unha morea de xogos populares.
Queremos agradecer a súa colaboración co centro, esperamos vervos pronto!
Moitas grazas!
O ENTROIDO DOS NOSOS MAIORES
Este ano o proxecto de centro é De cada década, con ese tema quixemos recuperar unha expresión
cultural galega con moita historia.
O alumnado de 6° entrevistou a unhas alumnas moi especiais que nos quixeron contar como se
celebraba o entroido noutrora.
Esperamos que disfrutedes deste pequeño documental visto dende a perspectiva doutra xeración.
Sempre aprendendo dos nosos maiores!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »