AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E
AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
NORMA |
ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio de 2024) |
Pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/2025. |
|
CÓDIGO de PROCEDEMENTO: ED330B |
DESTINATARIOS |
|
|
Fondo solidario de libros de texto |
3º e 4º de E. Primaria |
|
Axudas para adquirir libros de texto |
1º e 2º de E. Primaria |
|
Axudas para adquirir material escolar |
Alumnado de E. Primaria (De 1º a 6º) |
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
|
PRAZO |
Desde o 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024 (incluído) |
FORMAS DE PRESENTACIÓN |
Poderán presentar as solicitudes os pais, nais, titores/as ou representantes legais do alumnado. |
A solicitude será ÚNICA para todos os fillos/as que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2024/2025. |
|
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, nos formularios normalizados Anexo I e Anexo II,dispoñibles na aplicación informática Fondolibros: https://www.edu.xunta.es/fondolibros |
|
Unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude e, posteriormente, poderán optar polas seguintes formas de presentación: - Na Sede Electrónica (https://sede.xunta.gal): Para a presentación por esta vía poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365) - Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados) xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación).
Así mesmo, poñemos a súa disposición o formulario normalizado de Solicitude (Anexo I e Anexo II) para que poidan descargalo. Unha vez decargado, deberán cumprimentalo e poderán presentalo no centro.
Tamén temos á súa disposición os formularios de solicitude (Anexo I e Anexo II) en Secretaría para que poidan cubrilos e presentalos no centro.
O horario de atención ao público na Secretaría do centro para este procedemento será de 09.30 a 14:00.
Excepcionalmente para aquelas familias que non poidan acudir ó centro educativo en horario de mañá, poderán facelo de 16.00 a 16.30 horas. |
|
Alumnado 6º E.P. |
O alumnado que está actualmente en 6º, poderá presentar a solicitude por vía electrónica ou no INSTITUTO onde vaia estar matriculado no curso 2024/2025. |
DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA |
En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor. -Certificado ou volante de convivencia. -Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do Concello.
|
RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR |
Será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza. Na declaración do IRPF do exercicio fiscal 2022, sumaranse o recadro 435 + o recadro 460 e dividirase o resultado entre o número de membros computables da unidade familiar a 31 de decembro de 2022. Á hora de dividir computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez ou a equivalente de clases pasivas. |
MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR |
-Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, os titores do alumnado. -Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados, ou os/as fillos/as en situación de tutela ou acollemento familiar permanente ou preadoptivo. -Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente, sempre que estean suxeitos á patria potestade. -Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar. -Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común. -A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación de afectividade análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/da alumno/a, agás nos casos de custodia compartida. -Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles. |
MEMBROS NON COMPUTABLES |
Non terá a consideración de membro computable: -A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida. -O agresor nos casos de violencia de xénero. -En todo caso terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2022, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia a un dos proxenitores e nos casos de violencia de xénero, caso en que se aplicará o disposto na normativa vixente. |
CONTÍA DAS AXUDAS |
||||
|
Renta per cápita familiar |
|||
|
Menor ou igual a 6.000€ |
Maior de 6.000 e menor ou igual a 10.000€ |
Menor ou igual a 6.000 € |
Maior de 6.000 e menor ou igual a 10.000€ |
LIBROS DE TEXTO |
MATERIAL |
|||
1º e 2º de E. Primaria |
240 € |
160 € |
75€ |
60€
|
3º e 4º de E. Primaria |
Fondo: 6 libros (1) |
Fondo: 4 libros (1) |
||
5º e 6º de E. Primaria |
Proxecto E-DIXGAL |
Proxecto E-DIXGAL |
||
|
(1) O número de libros que se indica é o mínimo garantido, pero poderá incrementarse se houbera existencias suficientes no centro. |
PUBLICACIÓN LISTAXES FONDO LIBROS (3º E 4º) |
|
Publicación de listaxes provisionais> |
Ata o 12.07.2024 |
Reclamación ás listaxes provisionais> |
2 días seguintes á publicación |
Publicación das listaxes definitivas> |
O 26.07.2024 |
Faremos chegar o aviso ás familias a través de AbalarMóbil da publicación das listaxes. As listaxes publicaranse única e exclusivamente no TABOLEIRO DE ANUNCIOS situado no porche da entrada de E. Primaria. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a chave 365 ou o certificado dixital da FNMT. |
ENTREGA DE LIBROS E VALES |
A entrega dos libros de texto do Fondo Solidario do curso 2024/2025 para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria realizarase no mes de SETEMBRO, xunto co documento de “ENTREGA” que terá a sinatura da persoa tiltular da dirección, o selo do centro e a sinatura do/da representante legal do alumnado, a quen se lle entregará unha copia.
Os VALES para adquirir libros de texto para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria e os VALES para adquirir material escolar destinados ao alumnado matriculado en E. Primaria entregaranse na semana comprendida entre o 8 e o 12 de xullo de 2024.
Recoméndase que a persoa solicitante sexa quen recolla o vale de axuda de libros e material escolar. De non ser así, haberá que traer unha autorización por escrito da persoa solicitante, xunto coa fotocopia do DNI da persoa solicitante e da persoa autorizada.
|