PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024-2025
Comeza o PERÍODO DE MATRÍCULA para o curso 2024-2025
De acordo cos prazos establecidos no artigo 27 da Orde do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión, o próximo 1 de marzo iníciase o prazo de admisión de solicitudes (ED550B).
A solicitude de admisión de alumnado realizarase mediante o FORMULARIO DE ADMISIÓN que está á súa disposición na secretaría do centro. Este formulario tamén pode descargarse desde o seguinte enlace:
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
1. Unha vez descargada, cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.
2. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.
3. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en sede electrónica. Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisiónalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital.
As franxas horarias nas que se pode facer entrega da documentación para presentar a solicitude asinada presencialmente no centro son:
- De 09:30 a 15:00 h.
- De 16:00 a 17:00 h.
Están á súa disposición os seguintes teléfonos para que poidan consultar calquera dúbida ao respecto:
886 110 173 (Secretaría) 886 110 172 (Conserxería) 886 110 170 (Dirección)
DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA NECESARIA:
• Formulario de Admisión.
• Fotocopia completa do Libro de Familia ou Certificado de Nacemento.
• Fotocopia do DNI dos proxenitores e do solicitante. (Se o ten expedido)
• 4 fotografías tamaño carnet.
• Fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou do seguro que lle corresponda ao alumno/a solicitante.
• Se é o caso, documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. (Expedida polos servizos sociais competentes que acrediten as circunstancias alegadas)
• Certificado médico que acredite:
• Ausencia de enfermidade infecto-contaxiosa.
• Ausencia de defecto físico ou psíquico invalidante
• Estar ó día no cumprimento do calendario oficial de vacinacións.
• A posesión dalgunha alerxia medicamentosa.
• Volante de empadroamento no que figuren todos os membros que conviven no domicilio familiar. (Solicítase no Concello)
Os postos escolares vacantes están publicados nesta ligazón e no taboleiro de anuncios do centro.
Prazos:
• Solicitude de admisión e entrega de documentación: do 1 ao 20 de marzo.
• A listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as exporase no taboleiro de anuncios do Centro o día 25 de abril.
• A listaxe definitiva exporase no mesmo taboleiro o día 15 de maio.