Skip to Content

CURSO 2021-2022

INFORMACIÓN COMEZO DE CURSO

Furabolos 2021

Xa está aquí unha nova edición da revista Furabolos!

Debido a problemas alleos ao centro, a revista non puido chegar ás vosas casas en formato impreso. Por tanto partillámola en formato dixital para que non quededes sen desfrutar dela.

Despedida 6º Primaria

Como cada ano toca despedir ao grupo de sexto de primaria, formado por 25 nenos e nenas que loitaron por superar un curso cheo de incertezas. Aquí queda un precioso vídeo que quixeron compartir con nós, elaborado pola súa titora, Patricia.

Afortunados e afortunadas nós, por ter a vosa amizade. 

Boa sorte!

Marronciña convida a David Navarro ao noso cole

LIBROS DE TEXTO 2021-2022

Libros de texto para o vindeiro curso 2021-2022.

                 

            

LETRAS GALEGAS 2021

Para conmemorar o día das Letras Galegas leváronse a cabo no centro, varios concertos con música galega.

Ademais fíxose entrega dos premios do concurso das letras. Podedes ver un resumo con fotos e vídeos na seguinte presentación.

DÍA DO LIBRO

O pasado venres 23 de abril, celebramos no noso colexio o día do libro.

Non vos perdades as actividades levadas a cabo no centro propostas por Marronciña, neste vídeo do blog de Biblioteca.

RESULTADO VOTACIÓNS XORNADA ÚNICA

Acta correspondente ás votacíóns celebradas no centro o día 26/03/2021.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

No cole non quixemos deixar pasar o día de Rosalía de Castro, 24 de febreiro. Por iso, os nenos e nenas quixemos recitarvos e cantarvos uns poemiñas. 

Para acceder aos vídeos, premede enriba da seguinte imaxe.

O ENTROIDO MOVE O CORPO

Este ano o Entroido foi un pouquiño diferente, pero non por iso deixamos de desfrutalo. Ao ritmo do Meco, fomos movendo o corpo.

Distribuir contido


by Dr. Radut