Skip to Content

INFORMACIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2024-25

 ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2024-25

 

 

CEIP ARQUITECTO CASAS NOVOA

Estimadas familias,

Figura colgada nesta páxina web toda a información referente ás actividades extraescolares ofertadas por a ANPA para o vindeiro curso 2024/25, dentro do apartado destinado a PAIS/NAIS. 

 

Benvida ao Cole

Apertura Prazo Solicitude de Servizo de Madrugadores do Concello de Santiago

 

Ábrese o prazo de solicitude de inscrición nos Servizos de Comedor e/ou de Madrugadores no curso 2024-2025, tanto para a renovación como para as novas persoas usuarias, dende o 16 de xullo ata o 31 de agosto de 2024 (ámbolos dous inclusive):

1.- Infomación ás familias e prazos.

2.- Carta Informativa App. Colechef

3.- Inscrición no servizo.

 

 *Lembramos que no noso centro soamente afecta ao servizo de Madrugadores.

CALENDARIO DE SECRETARÍA XULLO

COMEDOR ESCOLAR 2024 / 2025

 

 

APERTURA DO PRAZO PARA A INSCRIPCIÓN NO COMEDOR ESCOLAR CURSO 2024 / 2025

 

Todas as familias que vaian facer uso do comedor escolar o vindeiro curso xa teñen aberto o prazo para a entrega da folla da AUTODECLARACIÓN DA RENTA (Renta 2023). Deben entregala no centro segundo o modelo. (Anexo II)

*Entregar soamente páxinas 50-51-52 e 53.

Prazo; do 25 xuño ata o 2 de setembro.

 

Todas as persoas interesadas en participar como colaborador/a no comedor escolar, deben presentar a súa solicitude debidamente cumprimentada segundo o modelo (Anexo III)

*Facilitar correo electrónico e conta bancaria.

Prazo; 25 xuño ata o 9 de setembro.

 

Premendo no seguinte enlace, está toda a información relativa ao servizo de Comedor Escolar.

https://www.edu.xunta.gal/portaldireccion/sites/diredu/files/novas/files/Instrucion_1-2024_XD_vdef_asinada.pdf

CORRECCIÓN ERROS NAS INSTRUCIÓNS 1/2024 COMEDORES XESTIÓN DIRECTA e 2/2024 COMEDORES XESTIÓN INDIRECTA

MATRÍCULA CURSO 2024 -2025

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2024/25

Estimadas familias: 

Da comezo o prazo para levar a cabo a formalización de matrícula para o vindeiro curso escolar 2024-2025 que abrangue dende o día 20 ata o 30 de xuño.

Todo o alumnado novo no centro deberá cubrir a solicitude de matrícula ( anexo III) e as autorizacións correspondentes, ben descargando o arquivo adxunto ou ben recollendo os impresos no centro educativo.

Aparte do mencionado anexo e autorizacións deberá achegar a seguinte documentación:

                 - Fotocopia da cartilla de vacunación

                 - Fotocopia da tarxeta sanitaria

                 - Certificado médico de calquer posible alerxia ou de outros problemas, de ser o caso.

                 - 3 fotografías.

 

 

LIBROS DE TEXTO 2024 - 2025

Libros de texto para o vindeiro curso 2024-2025

 

VISITA A MARCELLE NATUREZA - 5º & 6º EP

O pasado venres 24 de maio, os alumnos e alumnas de 5º e 6º EP de Primaria visitaron o Parque Marcelle Natureza (Lugo) onde realizamos unha visita guiada cos monitores do parque e puideron ver un montón de animais salvaxes: cebras, suricatas, wallabies, osos, linces, bisontes ... Ademais, aprenderon a tirar con arco. Sen dúbida, foi un día xenial.

 VER FOTOS NA GALERÍA 

LETRAS GALEGAS 2024

O pasado día 20 de maio celebramos no colexio o Día das Letras Galegas que este ano se adicou a poetisa Luísa Villalta. 

Deixamos aquí un breve resumo das actividades levadas a cabo con motivo de dita celebración.

Bolsas Comedor-Actividades Extraescolares-Material CONCELLO SANTIAGO CURSO 2024/25

Bolsas Comedor-Actividades Extraescolares-Material  CONCELLO SANTIAGO 

CURSO 2024/25

Informamos da publicación no BOP de A Coruña do 20-05-2024 da publicación da convocatoria de bolsas para comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, asemade tamén para aqueles que estean escolarizados en centros de educación especial en segundo ciclo de infantil, educación primaria obrigatoria e educación secundaria obrigatoria no Concello de Santiago de Compostela, curso 2024-2025

 

Informamos que os interesados dispoñen de 10 días hábiles (a contar dende o día seguinte á publicación no BOP), para presentar a súa solicitude.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut