Skip to Content

XA CHEGOU O NADAL!!!!!

CELEBRAMOS O MAGOSTO

O día 15 de novembro celebramos a festa do magosto no cole da Sionlla. Houbo xogos populares, moita diversión e por suposto ... castañas asadas!!! Hai que felicitar aos alumnos de 6º EP polo seu gran traballo como monitores no desenvolvemento dos xogos. Xa tedes as fotos na galería e podedes velas picando neste enlace.


ESTAMOS EN SAMAÍN!!!!!

Celebramos o Samaín un ano máis con todo tipo de actividades tétricas e tenebrosas ... pero moi divertidas!!!! Xa tedes algunhas fotos na galería.


CONCERTO DE MÚSICA AFRICANA_3º e 4º EP

Os alumnos de 3º e 4º de EP asistiron no Auditorio de Galicia a un concerto que nos trae toda a enerxía de África, con máscaras, ritos, tambores, historias de respecto e paz. Os mestres de cerimonia son griots, transmisores da tradición oral no seu país, Senegal. Xa podedes ver as fotos desta interesante actividade na galería.

BENVID@S AO COLE!!!!

LIBROS DE TEXTO 2013-2014

Libros de texto para o vindeiro curso 2013-2014.

                                
        Prema aquí 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Este ano o homenaxeado é Roberto Vidal Bolaño, pioneiro do teatro en Galicia. Así que, puxemos en escea tres pequenas obras de teatro:

3º EP __ Xanciño, o mentireiro     

4º EP __ O ganso de ouro  

6º EP __ O experimento

Premede nos enlaces e a desfrutar ... 


CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

Este 23 de abril celebramos o Día do Libro. A UNESCO escolleu esta data porque tal día coma ese no ano 1616 coincidiu o falecemento de tres figuras literarias sen parangón: Miguel de CervantesWilliam Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega.

ANIVERSARIO DE ROSALIA DE CASTRO

O día 24 de febreiro conmemoramos o aniversario do nacemento dunha das figuras senlleiras da literatura galega: Rosalía de Castro. Pronto poñeremos as fotos na galería.


A DESFRUTAR DO ENTROIDO!!!

Xa podedes ver as fotos da celebración do Entroido 2013 na galería, premendo no enlace. VER IMAXES NA GALERÍA

Distribuir contido


by Dr. Radut