Skip to Content

CRISTIAN e YACINE DO COMPOS

O pasado xoves, 26 de febreiro, visitáronnos dúas novas incorporacións da S.D. Compostela: Cristian del Toro, defensa central, e Yacine Quasmi, dianteiro. Respostaron amablemente ás preguntas formuladas polo alumnado, que amosan a relación existente entre o fútbol e as Matemáticas. Firmaron autógrafos e balóns e ata nos fixeron unha pequena exhibición ... Por se fora pouco, regalaronnos entradas para o partido do domingo seguinte e dous alumnos de Ed. Primaria (Ana de 3º e Jose de 4º) fixeron o saque de honra. Foi xenial!!!

Ver fotos na galería

O DÍA DE ROSALÍA

O día 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía. Para celebralo en condicións o alumnado de Ed. Infantil e o Club de Lectura recitou poemas de Rosalía de Castro, unha muller de todas as épocas. Premede no enlace para ver o vídeo.

Vídeo no canal de YouTube  

              

O ENTROIDO MOITA FESTA NOS DEIXOU!!!

Celebramos o Entroido cantando cancións, facendo máscaras, murais e por suposto con disfraces. Premede nos enlaces e a desfrutar!!!

       Vídeo do festival de Entroido                Fotos na Galería

CONTACONTOS & HEMATOCRÍTICO

O pasado día 10 de febreiro estiveron no noso cole os contacontos Patri e Álex, da Ed. Kalandraka. Fixeron as delicias do alumnado de Ed. Infantil. Tamén, nos visitou o escritor coruñés Miguel López, máis coñecido polo seu alcume literario "El Hematocrítico". Miguel falounos do seu libro "Feliz feroz", ben coñecido polos alumnos de 1º e 2º de EP. Podedes ver as fotos na galería.

  

DECÁLOGO POLA PAZ

Co gallo do Día da Paz quixemos achegar a todo o alumnado do centro unha serie de reflexións por un mundo en paz. Premede sobre a cámara para ver o vídeo.

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Como todos os anos, cada 30 de xaneiro, celebramos o aniversario da morte de Mahatma Gandhi para manter viva a memoria dunha das figuras senlleiras do movemento pola paz.

3º e 4º EP "ESTIVERON" NO VERÁN

Os alumnos de 3º e 4º visitaron o Auditorio de Galicia para ver o espectáculo infantil Estamos no verán, a cargo do grupo Son +d2,unha viaxe musical chea de cancións de diferentes estilos. Sen dúbida, unha experiencia inolvidable!!! Xa tedes algunhas fotos na galería.

FESTIVAL DE NADAL

Xa están listos os vídeos do Festival de Nadal, recen saídos do forno!!! So tedes que premer nos seguintes enlaces:                                                                             

EI 3 anos - Pompas de cores                    EP 3º - Canon de Pachebel

EI 4 anos - Turrón y mazapán                  EP 4º - Barcarola de Offenbach

EI 5 anos - O xogo da carrasquiña           EP 5º - Reggae

 

EP 1º - Abre as portas Xesús                   EP 6º - Jingle bell rock

EP 2º - Pirimpimpin                                  EP 6º - Rockin' chair

 

Tamén podedes ver as fotos na  GALERÍA.

 

                                         

CHARLA COA ESCRITORA LEDICIA COSTAS

O Club de Lectura, constituido polo alumnado de 5º e 6º de Primaria, traballou no primeiro trimestre sobre a obra galardonada co Premio Merlín 2014 de Literatura Infantil: "Escarlatina. A cociñeira defunta".

O equipo da Biblioteca organizou a visita da autora, Ledicia Costas, e os nenos e nenas do Club de Lectura pasaron con ela unha tarde estupenda. Xa podedes ver as fotos na galería, premendo no enlace.

FIXEMOS o MAGOSTO

Celebramos o magosto a semana pasada. O alumnado de Infantil e Primaria fixo diversos xogos: carreira de castañas, comecastañas, carreiras de sacos, etc. Por suposto, como remate deron boa conta das castañas asadas e dos refrescos. Premede aquí para ver as fotos na galería.

Distribuir contido


by Dr. Radut