Skip to Content

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Celebramos o Día das Letras Galegas cantando, recitando, representando funcións teatrais ... para honrar a Manuel María, autor homenaxeado este ano. Premede nos enlaces para ver os vídeos. 

Canción Ed. Infantil                                     Hip Hop 5º e 6º EP            

Canción 1º EP                                               Pandereteir@s

Pareados 1º EP e 2º B                                Teatro 4º EP ... Grupo 1 e 2

Hip Hop 2ºA e 2ºB                                      Teatro Club de Lectura

Hip Hop 3º e 4º EP                                                  

PASEO POLA PREHISTORIA - 5º e 6º EP

O alumnado de 5º e 6º de Primaria fixo un pequeno percorrido pola Prehistoria. Visitaron o Dolmen de Axeitos (Riveira) e tamén o Castro de Baroña (Porto do Son).

 VER FOTOS NA GALERÍA

INFANTIL FOI Á GRANXA

O alumnado de Ed. Infantil visitou no mes de abril a granxa O Ventoso en Laracha, onde levaron a cabo varias actividades relacionadas co medio natural. 

VER FOTOS NA GALERÍA

 

FEIRA DO LIBRO

O pasado venres festexamos o Día do Libro cun mercado onde o alumnado puido trocar os seus libros cos demais compañeiros : novas aventuras, novos soños, ... toneladas de diversión!!!

FOTOS NA GALERÍA

OS CONTOS DA CHUVIA

Co gallo da XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura, os alumnos e alumnas de Ed. Infantil asistiron na Galería Sargadelos ao espectáculo de contacontos, Contos para despois da chuvia, desenvolvido polo equipo de animación da Ed. Kalandraka.

APRENDEMOS SOBRE A AUGA

O alumnado de 3º e 4º de EP asistiron a un taller educativo, que nos achegou a empresa ViAQUA para concienciar aos escolares sobre a importancia da auga e o medio ambiente e para que coñecesen os ciclos natural e urbano da auga.

FALAMOS DE ARQUEOLOXÍA

O alumnado de 3º a 6º de Ed. Primaria asistiu a unha charla impartida por Roberto Aboal, arqueólogo da Universidade de Santiago de Compostela. Explicounos como é o traballo dun arqueólogo, os utensilios cos que traballan, traballos que están levando a cabo ... Foi moi interesante. 

VISITOUNOS PEPE CARREIRO

Recentemente, tivemos o pracer de recibir ao célebre ilustrador e debuxante de banda deseñada Pepe Carreiro. A súa carreira artística abrangue moitas obras e personaxes, como son Historia de Galicia, Os Barbanzóns e Os Bolechas. Debuxou e asinou moitos libros para ledicia de todo o alumnado. 

MUSEO DE HISTORIA NATURAL

O xoves 17 de marzo 3º e 4º de Ed. Primaria estivemos no Museo de Historia Natural de Santiago, situado no fermoso parque de Vista Alegre. Tivemos unha mañá ben completiña, vendo todas as cousas que hai no museo: animais, plantas, algas, fungos, minerais, rochas ... ata pedras preciosas!!! 

VER FOTOS NA GALERÍA

RUTA ROSALIANA

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de EP percorreron os lugares máis importantes de Santiago de Compostela na vida da nosa escritora máis senlleira, Rosalía de Castro. El Correo Gallego recolleuno nas súas páxinas...Tamén podedes ver o percorrido nun vídeo conxunto co CEIP López Ferreiro. Premede nos enlaces.           

ROTA COMPOSTELÁ POLA BIOGRAFÍA DE ROSALÍA

     

   

 VER FOTOS E VÍDEO      NA GALERÍA 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut