Skip to Content

O PAÍS DA BANDA, UN CONTO MUSICAL

O alumnado de 1º e 2º de Primaria, asistiron ao espectáculo O país da banda, un conto musical coa Banda Municipal e Paula Carballeira.

FOTOS NA GALERÍA

REUNIÓN PARA FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3 ANOS

Lémbrase que o vindeiro xoves día 8 de Setembro ás 10:30 horas levarase a cabo no centro unha reunión informativa destinada ás familias do alumnado de  3 anos que se matricularon para este curso 2016/2017

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

                                                                     A Sionlla, 12 de Xullo de 2016

Listaxes publicadas no taboleiro do centro:

LIBROS DE TEXTO 2016-2017

Libros de texto para o vindeiro curso 2016/2017:

 

                              

VISITAMOS A CORUÑA - 3º e 4º EP

Os cursos 3º e 4º de Primaria fixemos o pasado 10 de xuño unha viaxe á cidade da Coruña. Tivemos unha axenda ben apretada: Aquarium Finisterrae, paseo ata a Torre de Hércules e Museo DOMUS. Que boa maneira de rematar o curso!!!!

VER FOTOS NA GALERÍA

AS XUDÍAS DE MANOLO

Os alumnos e alumnas de 5º EP presentanvos un vídeo realizado usando a técnica cinematográfica chamada Stop Motion. Premede no enlace para velo.

As Xudías de Manolo

XOGAMOS AO FÚTBOL CON ... VERO BOQUETE.

O venres día 3 recibimos no colexio a unha deportista de primeiro nivel: a xogadora de fútbol Vero Boquete. Falounos dos seus comenzos, dos equipos nos que xogou, dos títulos (1 Liga de Campións, 1 Bundesliga, entre outros). Ademais, Vero é a capitana da Selección Española de fútbol. Tamén, asinou autógrafos e xogou ao futbol coa meirande parte do alumnado. Xenial !!!. 

VER FOTOS NA GALERÍA

VISITA AO CiTIUS

O venres pasado, día 20 de maio, os alumnos e alumnas de 3º e 5º de EP visitaron o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información (CiTIUS). Quedaron abraiados vendo robots, supercomputadores e coas demostracións de realidade virtual. 

VER FOTOS NA GALERÍA

VISITA Á ETAP de CHAIÁN

O pasado xoves 19 de maio, os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria visitaron as instalacións da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Chaián. Explicáronnos todo o proceso, desde o río Tambre ata que a auga chega as nosas casas.

VER FOTOS NA GALERÍA 

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Celebramos o Día das Letras Galegas cantando, recitando, representando funcións teatrais ... para honrar a Manuel María, autor homenaxeado este ano. Premede nos enlaces para ver os vídeos. 

Canción Ed. Infantil                                     Hip Hop 5º e 6º EP            

Canción 1º EP                                               Pandereteir@s

Pareados 1º EP e 2º B                                Teatro 4º EP ... Grupo 1 e 2

Hip Hop 2ºA e 2ºB                                      Teatro Club de Lectura

Hip Hop 3º e 4º EP                                                  

Distribuir contido


by Dr. Radut