Skip to Content

TAREFAS de RELIXIÓN para 6ºA e 6ºB

Mabel, a mestra de Relixión de 6º curso de Primaria, enviou tarefas para os seus alumnos/as neste mes de abril. Premede no arquivo adxunto para descargalo.

Se queredes enviarllas ou poñervos en contacto con ela, podedes facelo ao seguinte enderezo de correo electrónico:

isabel.ferrolana3@gmail.com

O BARCO DA SIONLLA

O BARCO DA SIONLLA.


Nestes días difíciles para todos, queremos enviarvos unha mensaxe de ánimo. "Estamos todos no mesmo barco", xuntos sairemos adiante.



TAREFAS para 6º A

Ola rapaces/as.

Alba, titora de 6º A, déixavos unhas tarefas para o que resta do mes de abril. Premede no arquivo adxunto para descargalo.

Para calquera dúbida contactade por correo electrónico coa vosa titora.

TAREFAS PARA 4º EP

Estimadas familias:

 

Como xa vos avanzara, imos continuar a actividade neste mes de abril de forma telemática en EDUBOOK, a plataforma educativa de Vicens Vives, que é a editorial dos nosos libros de texto. 

Xa vos enviei por correo electrónico toda a información precisa, incluindo usuario e contrasinal para que cada alumno/a poida acceder a EDUBOOK. Tamén, adxuntei un documento coa planificación de tarefas desde hoxe, día 14, ata o día 24 de abril.

Un cordial saúdo.

PARA o DÍA DO LIBRO

Co mes de abril chega o mes dos libros. Este ano dende a biblioteca propoñemos tres actividades que podedes facer nas vosas casas e, despois, enviárnolas ao correo. O prazo de entrega remata o 17 de abril. 

Podedes escoller unha das que máis vos guste. Animádevos! Risa

INGLÉS

INGLÉS 

Estimadas familias

Tedes acceso aberto á páxina de Oxford, Online Learning Zone en www..oup.com/elt/oupeprimary.

Aquí @s nen@s poden atopar xogos adaptados á idade, contos e vídeos doutros métodos de Oxford.

Stay safe

TAREFAS PARA 6ºA

Estas son as tarefas que enviou Alba para os seus alumnos/as de 6º A. Premede nos arquivos que se adxuntan para descargalos. Para calquera dúbida contactade coa vosa titora.

TAREFAS DE RELIXIÓN PARA 6ºA e 6ºB EP

Mabel, a mestra de Relixión de 6º curso de Primaria, deixou unhas tarefas para os seus alumnos/as. Se queredes enviarllas ou poñervos en contacto con ela, podedes facelo ao seguinte enderezo de correo electrónico:

isabel.ferrolana3@gmail.com

TAREFAS PARA 6º B

Basi, titora de 6º B de Primaria, déixavos algo más de traballo para esta semana. Premede no arquivo adxunto para descargalo.

TAREFAS DE REPASO - 4º EP

Bo día a tod@s.

Aquí vos deixo algunhas tarefas de repaso para esta semana, consellos e indicacións do que tedes que facer. Premede nos arquivos adxuntos para descargalos.

Hai un par de cousiñas (2º borrador do traballo de Naturais e informe de Lingua Galega) que vos pido que me enviedes por correo electrónico. Non vos despistedes !!! Guiño

Penso que está todo ben explicado, pero se tedes algunha dúbida ou queredes comentar algo, contactade sen problema.

Un cordial saúdo e moito ánimo.

Distribuir contido


by Dr. Radut