Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO


                       A Sionlla, 7 de Xullo de 2015

  1. LISTAXES DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS.

          Por problemas técnicos na xeración das listaxes non é posible a publicación das mesmas.  Se nos informa que, “probablemente” ata o día 15 de xullo non estean as listaxes

  1. NÚMERO DE SOLICITUDES :

     -  Solicitudes para 3º de E.P.:   16.

     -  Solicitudes para 5º de E.P.:   14.

  1. EXISTENCIA DE LIBROS DE TEXTO PARA 3º E 5º DE E.P.

        Xúntase relación de libros e de solicitudes presentadas nos seguintes arquivos:

LIBROS DE TEXTO 2015-2016

Libros de texto para o vindeiro curso 2015/2016:

                     

                                                       

EXPOSICIÓN DE PINTURA E MÚSICA

Para rematar o curso o alumnado de Ed. Infantil amosounos o seu talento artístico cunha exposición dos traballos realizados ao longo do curso. Por outra banda, os alumnos de 6º EP tamén amosaron a súa imaxinación e talento construindo uns instrumentos musicais moi orixinais. Premede aquí para ver as fotos na galería de imaxes.

3º & 4º EP FORON A MARCELLE

O venres 12 de xuño, 3º e 4º de EP pasaron o día preto de Lugo, no Parque Zoolóxico Marcelle Natureza. Viron moitos animais exóticos, exploraron o parque, fixeron xogos e ata aprenderon a facer tiro con arco. 

FOTOS NA GALERÍA 

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

Este curso celebramos o festival das Letras Galegas, lendo textos de Xosé Filgueira Valverde, escritor e intelectual pontevedrés a quen se lle adica o Día das Letras Galegas en 2015. Tamén houbo música e xogos populares. Premede nos enlaces:

FESTIVAL LETRAS GALEGAS               FOTOS DOS XOGOS POPULARES

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA 3º EP

A Xunta de Galicia acaba de publicar una nota informativa, sobre a avaliación individualizada de 3º EP, que pode ser de interese para as familias.

Podedes consultala premendo no seguinte enlace:

NOTA INFORMATIVA SOBRE A PROBA DE AVALIACIÓN DE 3º EP

TEATRO - ESPANTALLO AMIGO

A semana pasada foi intensa en actividades. Ás veces xúntase todo. O xoves 28 de abril, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP foi ao Teatro Principal de Santiago para ver o espectáculo teatral Espantallo amigo baseado na obra do mesmo nome. Premede aquí para ver fotos na galería.

ESTIVEMOS CO SEPRONA

O pasado venres 24 de abril visitounos una unidade do SEPRONA (Servicio para a Proteccion da Natureza). Déronnos unha charla moi interesante sobre os incendios, as súas causas e os materiais e vehículos que empregan para controlalos. Ademáis, o alumnado desfrutou coas mangueiras e coa sirena da motobomba. Foi xenial!!!!

FOTOS NA GALERÍA

FEIRA DO DÍA DO LIBRO

O pasado día 23 de abril, co gallo do Día do Libro, celebramos un mercado de libros usados en bo estado que o alumnado podía traer da casa para trocalos por outros do seu agrado. Foi todo un éxito.

Para levalo a cabo tivemos que imprimir un billete de curso legal únicamente válido no noso cole e para ese día. O Sionllo está inspirado no escritor pontevedrés Xosé Filgueira Valverde, a quen se adica o Día das Letras Galegas 2015. Premede no enlace para ver fotos na galería.

PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR

Neste mes de marzo tivemos a sorte de contar no noso colexio coas responsables da Unidade de Seguridade Cidadá da Policía Nacional. Levaron a cabo unha serie de charlas, dirixidas a alumnos de 5º e 6º de primaria, familias e profesorado, sobre como previr o acoso escolar e sobre os riscos asociados a Internet e ás novas tecnoloxías. 

Ver fotos na Galería

 

Distribuir contido


by Dr. Radut