Neste mes de marzo tivemos a sorte de contar no noso colexio coas responsables da Unidade de Seguridade Cidadá da Policía Nacional. Levaron a cabo unha serie de charlas, dirixidas a alumnos de 5º e 6º de primaria, familias e profesorado, sobre como previr o acoso escolar e sobre os riscos asociados a Internet e ás novas tecnoloxías.