Skip to Content

VISITA AO GROVE

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria visitaron a vila pontevedresa de O Grove. A primeira parada foi no Acuario, onde puideron observar peixes das nosas costas, tartarugas disecadas, esqueletos de baleas etc. Despois, visitaron o Museo de Salazón, onde lles falaron do proceso da salazon das sardiñas, ademais dos aparellos empregados na pesca e marisqueo da zona. Finalmente, pola tarde embarcaron no porto nun catamarán de visión submariña no que puideron ver os peixes das augas próximas á vila. O que se di un día completiño.Risa

VER FOTOS NA GALERÍA

CONTACONTOS

Recentemente, a editorial Kalandraka enviounos un contacontos que nos falou de Carlos Casares, homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas, e fixo as delicias do alumnado de Infantil e Primaria.

DÍA DO LIBRO

O pasado luns 24 de abril celebramos no noso colexio o Día do Libro. Como xa é tradicional organizamos un mercado de libros usados para darlles unha nova vida e tamén para que o alumnado puidera desfrutar das novas aventuras que agochan.

VER FOTOS NA GALERÍA

AQUALOGÍA

Os alumnos de 3º EP tiveron a oportunidade de aprender unha chea de cousas sobre a auga que chega aos nosos fogares, nunha actividade desenvolvida pola empresa ViAQUA.

DÍA DA ÁRBORE

Coa chegada da primavera, celebramos no CEIP Arquitecto Casas Novoa o Día da Árbore (Día Internacional dos Bosques, realmente). O persoal de xardinaría do Concello de Santiago instruiu aos alumnos de 5º e 6º de Ed. Primaria para plantar árbores froteiras e arbustos que encherán de vida o patio do noso centro. 

VER FOTOS NA GALERÍA

CONTACONTOS - Ed. INFANTIL

O Concello de Santiago puxo en marcha a XVII Campaña de Animación á Lectura, coa colaboración de Kalandra e a Fundación Sargadelos. Alí acudiron os nenos e nenas de Ed. Infantil do noso colexio para asistir a unha sesión de contacontos que fixo as delicias do alumnado.

VER FOTOS NA GALERÍA

EDUCACIÓN VIAL - 4 anos

O alumnado de 5º curso de Ed. Infantil (4 anos) asistiu a unha charla sobre Seguridade Vial, impartida por axentes da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela. Ademais, tiveron a oportunidade de levar á práctica todo o aprendido nun circuito moi divertido.

VER FOTOS NA GALERÍA

OURENSE & CANÓNS DO SIL - 5º e 6º EP

Os alumnos de 5º e 6º EP estiveron en Ourense facendo un roteiro sobre Carlos Casares, escritor homenaxeado en 2017 no Día das Letras Galegas. Ademais, viaxaron en catamarán polos Canóns do rio Sil. Unha viaxe ben completa!!!!

FOTOS NA GALERÍA

DÍA DA POESÍA

A partir do 21 de marzo celebramos na Biblioteca o Día Mundial da Poesía. Entre outras actividades, aproveitamos a hora de ler para que fosen os pequenos quenes recitaran poesía aos alumnos maiores.

O luns 20, 2º EP recitou a poesía "Emilia Pardo Bazán" (Carmen Gil) a 6º EP.

O martes 21, 1º EP recitou "Os soños na gaiola" (Manuel María) a 5º EP.

O mércores 22, o alumnado de 5 anos recitou "Era un niño que soñaba" (Antonio Machado) a 4º EP.

O xoves 23, a clase de 4 anos recitou "Caracol" (Manuel María) a 3ºA.

Finalmente, o día 24, o alumnado de 3 anos recitou "Mi carita redondita" (Gloria Fuertes) a 3ºB.

Foi unha semana bastante poética, sen dúbida Guiño

FESTEXAMOS O ENTROIDO

Celebramos o Entroido na Sionlla, con cancións, máscaras, desfile de disfraces e sobre todo moita troula. O alumnad@ tamén puido degustar doces típicos destas festas cun delicoso chocolate. Así, calquera! Guiño

     DESFILE DE ENTROIDO                             VER FOTOS NA GALERÍA

Distribuir contido


by Dr. Radut