Estimadas familias.
Comunicamos que o vindeiro luns 11 de setembro non se procederá a apertura do comedor, xa que non se conta cos colaboradores suficientes para garantir o servizo.
En base a isto, vémonos na obriga de reorganizar o horario lectivo tendo en conta as posibilidades ofrecidas por transporte.
O horario provisional será o seguinte:
Entrada = 9:30h como estaba previsto.
Saída = 14:45h
O horario lectivo rematará ás 14:00h. Todas as familias que desexen recoller aos seus fillos/as poderán facelo a esa hora. Para o resto de alumnado, o autobús sairá do centro ás 14:45h e ata esa hora estára supervisado polo profesorado do centro.
De haber algún cambio, terémosvos informados.