FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2024/25
Estimadas familias:
Da comezo o prazo para levar a cabo a formalización de matrícula para o vindeiro curso escolar 2024-2025 que abrangue dende o día 20 ata o 30 de xuño.
Todo o alumnado novo no centro deberá cubrir a solicitude de matrícula ( anexo III) e as autorizacións correspondentes, ben descargando o arquivo adxunto ou ben recollendo os impresos no centro educativo.
Aparte do mencionado anexo e autorizacións deberá achegar a seguinte documentación:
- Fotocopia da cartilla de vacunación
- Fotocopia da tarxeta sanitaria
- Certificado médico de calquer posible alerxia ou de outros problemas, de ser o caso.
- 3 fotografías.