Dom | Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Dom | Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Chegou o tempo de celebrar o apadriñamento da aula de músicaao que dedicamos boa parte das nosas tarefas neste curso:https://cantoresdocasares.blogspot.com/
O venres, día 3 de , o alumnado e o coro do colexio farán unha homenaxe chea de MÚSICA e VOZ ao novo padriño.
E o sábado, día 4, contaremos cun concerto, aberto ao público, do Coro "Cantares do Brión" no que participará o Coro do alumnado do colexio e @s Distinghid@s da Foz.
Agárdanse grandes momentos! Non volo perdades!
TODAS AS SOLICITUDES DE PRAZA PARA O VINDEIRO CURSO 2022/2023 FORON ADMITIDAS. A LISTAXE DEFINITIVA ATÓPASE PUBLICADA NO TABOLEIRO INTERIOR DO CENTRO.
PARA A FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA ABRIRASE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN DO 20 AO 30 DE XUÑO.
DÍAS ANTES DA APERTURA DO PRAZO, PUBLICARASE NESTA WEB A DOCUMENTACIÓN E IMPRESOS A CUMPLIMENTAR.
DOCUMENTO DE CONCRECIÓN CURRICULAR ADAPTADO Á ORDE DO 25 DE XANEIRO DE 2022 (DOG 11 de febreiro de 2022), pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, secundaria e bacharelato no sistema educativo de Galicia.
Este curso o noso centro foi seleccionado para levar a cabo un Plan Estratéxico de Mellora. Este plan pretende recoller información sobre aspectos do noso centro e da Comunidade Escolar en xeral. É por iso que precisamos da colaboración das familias para que nos proporcionedes datos que nos permitan valorar as nosas fortalezas e as nosas carencias e así poder mellorar. Para participar só tedes que premer na seguinte ligazón e cubrir a enquisa que vos propoñemos:
Resaltamos a importancia deste proceso de recollida de información, polo que agradecemos moito a vosa colaboración.
Un saúdo,
Equipo Directivo.
Clicando na imaxe accededes ao noso novo padlet no que podedes deixar os exemplos de obxectos reutilizados que tedes pola casa. Só tedes que presionar o signo + que aparece abaixo á esquerda e adxuntar unha foto ou vídeo. Tamén podedes engadir un pequeno texto explicando en qué consiste, etc.Grazas polas vosas aportacións!