« Xullo 2024 »
DomLunMarMérXovVenSáb
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Alumnado

Las bibliotecas escolares de Galicia

Iniciar sesión

blogue deA Galiña Azul

O NOSO DÍA A DÍA NA ESCOLA

Cada mañá, cando os vosos fillos e fillas chegan a escola, viven momentos cheos de vivencias que axudan a que medren e sintan a escola como parte da súa vida que empeza a debuxarse. Os momentos en educación infantil son momentos significativos cargados de emocións mediante o xogo, a experimentación o contacto cos iguais e todas as experiencias que cada día aparecen no pequeno universo da escola. Con este vídeo, e en sete minutos, tratamos de resumir este primeiro trimestre que foi novidoso, a maioría do noso alumnado de infantil non coñecía o patio sen restriccións, sen máscara e sobre todo co contacto dos demáis nenos e nenas que forman o Carlos Casares. Agardamos que vos guste e que descubrades por esta xaneliña unha parte do noso día a día en Educación Infantil.

RESERVA DE PAZA CURSO 2023/2024 IES PROVAL

Ata o día 4 de febreiro está aberto o prazo para reservar praza para o alumnado de 6º de E. Primaria que desexe continuar os seus estudos no IES PROVAL (centro adscrito).

Deben cumprimentar o impreso de reserva (modelo ED550A) que se lles entregou aos alumnos/as e entregalo no centro coa correspondente documentación solicitada.

Tamén poden presentar a solicitude na sede electrónica a través da aplicación admisiónalumnado.