É importante darlle ferramentas ao alumnado para crear hábitos de vida saudables, por iso, dende o CEIP Cabada Vázquez apostamos por un Proxecto Deportivo de Centro (PDC) que integre deportes (XOGADE) e baile (Móvete +).

Por outra parte, buscamos que o alumnado poida continuar coas actividades físico-deportivas, máis aló da escola, de aí que traiamos ao colexio actividades que se ofertan dende a súa localidade. Neste caso contamos coa visita da Sofía Mosteiro e Elia do Ximnasio Absolute da Estrada, coas que aprendemos unha danza urbana. Poden ver algunhas imaxes no enlace.

 

Moitas gracias Sofía e Elia. Foi moi divertido.

 

Tags: Danza Urbana _ Móvete + _ Proxecta, Presentación, Educación física